O LIBRO “COCIÑANDO COAS RAZAS AUTÓCTONAS” RECIBE UN PREMIO GOURMAND WORLD COOKBOOK AWARDS


Un dos Gourmand World Cookbook Awards de 2012, recoñecidos galardóns cos que se distingue a produción editorial gastronómica, recaeu no receitario Cociñando coas razas autóctonas, premiado como mellor libro de cociña sostible de España. Este premio dálle o pase á gran final internacional que se vai celebrar no Carrusel do Louvre (París) no marco da Paris Cookbook Fair, do 22 ao 24 de febreiro.
Cociñando coas razas autóctonas é unha publicación da autoría de Rocío Garrido Caramés (Sanxenxo, 1977) editada pola Federación de Razas Autóctonas de Galicia-Boaga. Trátase do primeiro libro de cociña que inclúe receitas elaboradas con carnes de todas as razas autóctonas galegas en perigo de extinción: Ovella Galega, Cabra Galega, Galo Mos, Porco Celta, Cabalo de Pura Raza Galega e as bovinas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa. No receitario tamén vén o modo de preparación de varias larpeiradas elaboradas a base de leite, ovos e queixo fresco, todos produtos secundarios derivados das devanditas razas. 
Tamén inclúe información sobre as nosas razas e fermosas imaxes. O libro é en galego.

UN GRAN REGALO PARA TODOS OS QUE NON O TEÑAN.
No enlace que vai a continuación poñemos os puntos de venda (ao final do blog)
Engádese desde estos días a venda en Vigo en "A Tenda do Avó"


Guiso tradicional de Gallo de Mos


Ñam, Ñam. Queremos compartir con vosotros la receta que nos propone el blog de cocina ni mata ni engorda. Se trata de un guiso tradicional de nuestro Gallo de Mos. Os animamos a visitar la entrada de este blog gastronómico en el que se nos explica el proceso de elaboración de la receta, dando al final un resultado espectacular.

fotos: blog nimataniengorda.com

Gran éxito da XIII Feira de Nadal do Galo de Curral de Vila de Cruces

Gran acollida dos primeiros exemplares de galos incluídos dentro da certificación de Cría Certificada Artesanal do Galo de Curral de Vila de Cruces, todos da nosa raza autóctona Galiña de Mos. A cooperativa Vicogalo fixo unha coidada presentación dos galos, dentro dunha bonita cesta de madeira. Tamén houbo venda de galiñas adultas e unha primeira selección de pulardas, que tiveron unha grande acollida. Todas as aves da raza vendéronse a bo prezo, exaltando os compradores a calidade do produto.
Paralelamente 16 restaurantes participaron nunha degustación, na que cada un presentou diferentes preparacións co galo que fixeron as delicias dos máis de 1000 asistentes. Os restaurantes participantes eran da zona do Deza pero tamén participaron outros de zonas como Santiago de Compostela, como o afamado Hostal dos Reis Católicos
 
 
  
 

XIII Feira de Nadal do Galo de Curral de Vila de Cruces

O sábado 22 celébrase na localidade pontevedresa de Vila de Cruces a XIII Feira de Nadal do Galo de Curral.  Poranse á venda galos rubios de tipo industrial de engorde rápido, pero tamén como novidade comercializaranse os primeiros galos producidos á partir da nosa raza, baixo a certificación de Cría Certificada Artesanal do Galo de Curral de Vila de Cruces, cunha coidada presentación.
Como é coñecido, segundo a normativa europea, os galos da nosa raza son aptos para levar no etiquetado a denominación "Criado ao aire libre". Esta denominación non se pode poñer en galos ou capóns obtidos de razas industriais (de tipo rubio), xa que non cumpren a normativa.
Tamén se venderán varias unidades de galiñas da nosa raza autóctona.


Seguimos con menús navideños

Este viernes 21 de diciembre el Restaurante Silabario, en Tuy nos ofrece un sugerente menú navideño en el que está el Gallo de Mos hecho croqueta con maíz y trigo. 

Gallina de Mos rellena de frutas pasificadas con salsa de cava y uvas

El Restaurante Caney, en el hotel Araguaney, en Santiago de Compostela, nos ofrece como TAPA DE NAVIDAD Gallina de Mos rellena de frutas pasificadas con salsa de cava y uvas. Su chef Pedro Lestón nos detalla su esmerada preparación. Muy recomendable ....
Estas navidades sería interesante pasarse por allí a probar esta excelente tapa. Obsérvese incluso el aprovechamiento que se hace de la piel.
En el siguiente enlace se puede consultar la información de su elaboración:
Fotos: Restaurante Caney

O Restaurante Silabario visitou Madrosende para ver a crianza do seu produto

Alberto, chef do famoso Restaurante Silabario, en Tuy, visitou a granxa Castro de Madrosende, en Vila de Cruces, onde Nicolás Castro e María José Castro crian galos da nosa raza. O Restaurante Silabario, que posúe unha Estrela Michelín, elabora varios menús co Galo de Mos, proporcionado por Madrosende e Soutodeherville.
Foto: Restaurante Silabario

Sabores de Santiso estivo na feira de Agasallos locais, en Melide

A localidade de Melide, na provincia da Coruña, acolleu a feira de Agasallos locais para Nadal, organizada polo concello de Melide e polo GDR Ulla-Tambre-Mandeo. Entre os máis de trinta expositores estivo Pablo Balboa, que coa súa granxa Sabores de Santiso, estivo ofertando Galo Mos entre outros dos seus produtos. Durante o fin de semana o Restaurante Casa Quinzán ofreceu menú con galo da nosa raza, cunha promoción especial a todos aqueles que pasaran polo posto na feira de Sabores de Santiso.
Máis info: La Voz de Galicia
Fotos feitas por: Casa Quinzán




Comensais en Casa Quinzán

A Televisión de Galicia falou da Finca Experimental da cooperativa Vicogalo, en Vila de Cruces

O programa labranza da Televisión de Galicia, fixo unha reportaxe sobre a Finca que ten en Merza (Vila de Cruces) o criador David Sueiro coa marca "Calimero". Pertence á cooperativa Vicogalo, creada recentemente.
Baixo a marca "Galo de Curral de Vila de Cruces" que leva funcionando máis de 20 anos, están a empregar a nosa raza autóctona para a crianza do seu produto baixo un protocolo de cría certificada. Nesta gravación pódese ver o sistema de cría que se emprega, cos peches e galiñeiros, para obter o produto final.
Este avance como moitos dos que se están a producir na comercialización, foi posible a partir do nacemento do Rexistro de Explotacións Avícolas Artesanais.
Pódese ver o vídeo no seguinte enlace: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/labranza-09-12-2012

Un novo criador nos presenta a súa marca: Castro de Madrosende

Nicolás Castro, criador da raza ubicado en Madrosende, Toiriz (Vila de Cruces, Pontevedra), ven de presentarnos a súa granxa artesanal. Nos últimos tempos está colaborando con outro dos nosos criadores, Marcos Pichel, de Soutodeherville. Xuntos están a traballar co periodista Fernando Ónega, incluíndo o Galo de Mos na tenda online xestionada por El Corte Inglés.

Un pouco de humor

Agora que se acercan estas entrañables datas... unha viñeta de Luis Dávila.

Gran acollida do Galo Mos en Melide

O resturante Casa Quinzán, de Melide (A Coruña), organizou unha xornada de degustación do galo da nosa raza que foi un grande éxito. O criador Pablo Balboa, de Sabores de Santiso proporcionou os exemplares para dar a coñecer o seu produto, tendo moi boa acollida. 
Os días posteriores xa houbo peticións para consumo no menú do restaurante.

Fernando Onega apuesta por el Gallo de Mos


El periodista Fernando Ónega apuesta por el Gallo de Mos como un producto de referencia, pudiendose adquirir en su tienda online la galicia de ónega, que está gestionada por El Corte Inglés. El periodista nos informa en su blog, el porqué apuesta por este producto.

Hace afirmaciones como "Os puedo asegurar que ha sido un hallazgo de esos que reconfortan por el esfuerzo de quien promueve esa raza, por la dedicación entusiasta de quien la ha recuperado, por el cuidado con que se cría y por el producto final que se obtiene: auténtica excelencia. Si me permitís la expresión, de lo que ya no se encuentra en el mercado"
En el mes de septiembre visitó la granja Castro de Madrosende, de Nicolás Castro, que trabaja con Souto de Herville, de Marcos Pichel.
En el siguiente enlace de la página de Souto de Herville teneis más fotos realizadas por el equipo de producción de Fernando Ónega: http://www.soutodeherville.com/galina-de-mos-souto-de-herville-de-madrosende-la-galicia-de-onega/ 

A cooperativa Vicogalo pretende convertir á raza en produto de referencia dentro da comarca do Deza.

A nova cooperativa Vicogalo quere converter desde a comarca do Deza, a raza autóctona da Galiña de Mos nun produto gourmet. Os seis cooperativistas iniciais pretenden traballar coa raza autóctona recuperando os sabores de antes, con alimentación natural recollida na propia explotación. Os produtores refírense ao "Vega Sicilia do campo". Están comezando a comercializar os seus galos a través da marca Galo de Curral de Vila de Cruces. Máis información: La Voz de Galicia

Gran acollida das Xornadas do Galo Mos no restaurante Río Lea

Continúan as Xornadas do Galo Mos no restaurante Río Lea, en Castro de Riberas de Lea, concello de Castro de Rei, Lugo, cunha gran acollida por parte dos comensais. Acompáñase de ovos recheos de Galiña de Mos e de produtos da zona. Ata o día 9 de decembro.

Degustación do Galo Mos en Melide, A Coruña


O venres 23 de novembro o restaurante Casa Quinzán, de Melide, na provincia da Coruña, organiza unha xornada de degustación do galo da nosa raza. Os galos son proporcionados pola  marca Sabores de Santiso, sendo criados nese concello do interior de Galicia ao aire libre, con alimentación natural e con moita ilusión e esmero. Será a partir das 20.30 horas no restaurante que está na Rúa do Convento nº 7, de Melide. Animamos a todos os interesados a disfrutar da calidade.



Xornadas gastronómicas do Galo Mos en Castro de Riberas de Lea, Lugo.

Do 16 de novembro ao 9 de decembro celébranse no restaurante Río Lea, en Castro de Riberas de Lea, no concello de Castro de Rei, Lugo, unhas xornadas gastronómicas do Galo da nosa raza. 
Están organizadas pola granxa de avicultura artesanal "Chousa do Lea" e combinaranse co galo, ovos recheos de Galiña de Mos e outros produtos de calidade de empresas da zona.
Unha boa ocasión para disfrutar destas carnes tan sabrosas e saludables.


Poner en valor el papel de las mujeres como conservadoras de la diversidad ganadera

La FAO (Organización de la Naciones Unidas para la Alimentación y la Agricultura) viene de hacer un estudio en el que avisa de la importancia de la mujer en la conservación de las razas autóctonas a nivel mundial
En muchas zonas desde tiempos remotos, las mujeres eran las que se dedicaban a la producción ganadera, principalmente con aquellas especies de un menor tamaño, como las gallinas. La intensificación de las producciones provocó este cambio, debido a que la mujer compatibiliza más tareas en su día a día, como afirma el estudio "Los problemas pueden surgir cuando existen proyectos o autoridades nacionales que tratan de introducir razas exóticas o cruces para tratar de aumentar la producción de carne, leche y huevos para satisfacer la creciente demanda mundial de alimentos. Estos animales necesitan piensos especiales y a menudo caros, deben ser alimentados en lugar de alimentarse por sí mismos, necesitan costosos cuidados veterinarios y no pueden sobrevivir a la sequía prolongada u otras condiciones meteorológicas extremas. 
Los criadores rurales pobres de ganado, y en particular las mujeres, a menudo no pueden conseguir los insumos o el tiempo necesario para criar a estos animales con éxito. En caso de que la introducción de estas razas y la intensificación de la producción tenga éxito y se convierta en una importante fuente de ingresos en efectivo, las mujeres a menudo pierden su papel como criadoras de ganado."
El cambio del sistema productivo que estamos viviendo en el mundo ganadero, obliga a recuperar modelos de hace años, por lo que las mujeres deberían volver a participar en mayor número en la producción ganadera.

Os circuitos curtos de comercialización fomentan o medio ambiente e a agricultura familiar


Os pasados dias 7, 8 e 9 de novembro, celebrouse o Congreso Desenvolvemento Rural e Leader horizonte 2014-202,organizado pola Asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia e que contou con máis de 250 asistentes, no Paraninfo da Facultade de Xeografia e Historia da Universidade de Santiago de Compostela. Neste Congreso falouse da importancia das unións de produtores, do asociacionismo de produtores. Estas unións de produtores acadan maior poder de compra dos insumos, maior poder para promoción e comercialización dos seus produtos e para lograr apertura de novos mercados. O mesmo tempo coa unión se minimizan os riscos da producción individual, se un produtor por circunstancias perde a producción do produto, sempre pode recurrir aos outros para non deixar desabastecido ao cliente. E por último se resaltou un beneficio importantísimo destas asociacións de produtores, a interloución coas distintas administracións. 
Valorouse ás cooperativas agroalimentarias como unha ferramenta para acadar en común, coa unión dos socios, o que o individualmente non seria posible ou resultaría máis costoso. 
Destacouse a importancia que teñen as marcas, tanto individuais coma colectivas, de calidade para poder actuar como impedimento de entrada de produtos foráneos. Con algúns produtos non se pode competir en prezo, pero sí en calidade. 
Incidíuse especialmente na importancia que teñen os circuitos curtos de comercialización. Os circuitos curtos son unha compra responsable, onde non hai intermediarios. Os circuitos curtos vincúlanse á produción familiar agraria e teñen moita importancia xa que son a mellor vía para a pequena agricultura familiar  e teñen un destacado beneficio ambiental, posto que os pequenos produtores son máis respetuosos coas boas prácticas. Os circuitos curtos vense favorecidos por mecanismos como o sistema de garantia participativa onde os consumidores comproban na mesma explotación que se fan as cousas ben.

Impartido curso de formación para criadores de Galo de Curral de Vila de Cruces

Este fin de semana impartíuse un curso de formación para varios criadores adheridos á marca Galo de Curral de Vila de Cruces. No curso dividido en dez horas teóricas e cinco prácticas, falouse sobre a raza Galiña de Mos, a súa historia, evolución, características cárnicas, así como as normas de avicultura artesanal e de crianza das aves. Incidíuse nos aspectos novidosos da crianza deste produto, en especial desde o cambio no plantexamento produtivo experimentado polos criadores da comarca do Deza e a agrupación que están facendo para a comercialización do produto a partir da raza autóctona. O curso foi organizado polo Concello de Vila de Cruces e o GDR Terras do Deza, sendo financiado polo Ministerio de Agricultura, Älimentación y Medio Ambiente.
Máis información: Xornadas de formación
Faro de Vigo.
Gallos de etiqueta.

A Galiña de Mos en Santiso


Na parroquia de Visantoña, no concello de Santiso, na provincia da Coruña, celebrouse o pasado fin de semana  un magosto popular que se celebra anualmente. A el asisten en cada edición artesáns, comerciantes e postos de alimentaciòn. Alí estivo o criador da raza Pablo Balboa, de Sabores de Santiso, ofrecendo información sobre a raza e sobre a súa granxa e marca.

Soutodeherville na FEIRA, en Vigo

FEIRA é un mercado mensual que se fai en Vigo con produtos tradicionais galegos de calidade e para poñer en valor a artesanía e recuperar a vella tradición dos mercados do Casco Vello.  Alí estivo Marcos de Soutodeherville co seu posto.
 A vindeira edición farase o día un de decembro.



Interesados na avicultura artesanal visitaron Vila de Cruces


O pasado fin de semana un grupo de granxeiros do concello de Meis (Pontevedra) interesados na produción como avicultura artesanal, visitou unha das granxas en Vila de Cruces onde se crían aves da nosa raza. Alí recibiron indicacións sobre o tipo de instalacións, a crianza coa Galiña de Mos e as condicións que teñen que cumprir para obter o produto final Galo de Curral de Vila de Cruces.

 

Gran éxito da III Expo-Degustación da Galiña de Mos en San Xiao de Mos


Na parroquia de San Xiao de Mos, no concello de Castro de Rei, Lugo, celebrouse a terceira edición da xornada de exaltación da raza.  A degustación estivo organizada pola Asociación de Veciños de San Xiao de Mos e o concello de Castro de Rei e nunha carpa para máis de 700 comensais, tres cociñeiras prepararán no mesmo lugar, as carnes das aves que criaron catro dos criadores da parroquia. As racións foron acompañadas de ovos fritos de Galiña de Mos. 

O menú foi un grande éxito esgotándose todas as racións, proba do grande interese que teñen cada vez máis os produtos da nosa raza.
Houbo unha exposición de aves vivas de varios criadores da comarca, na que colaborou avimos.

Os grandes artífices da xornada, os criadores José Manuel, Toño, Carlos, Pablo e as cociñeiras Carmen, Artina e Mar.