No colexio de Meira naceron poliños de Galiña de Mos.

No CEIP Poeta Avelino Díaz, de Meira, na provincia de Lugo, naceron o 18 de maio poliños da nosa raza tras una incubación feita para que os alumnos viran o proceso de nacemento dos polos. Á aula achegamos un galo e una galiña con poliños do criador Luis Fernández, de Riotorto,  explicándolle aos alumnos as características da Galiña de Mos e da súa crianza. Asisitiron os alumnos de terceiro e cuarto de primaria.




A Galiña de Mos estivo nas Feiras de San Isidro de Rois e Sarria.

O 15 de maio a Galiña de Mos estivo nas Feiras de San Isidro que se celebraron nas localidades de Rois e de Sarria. Á celebrada en Rois asistíu a criadora Mari Luz Gómez, de Ordes. Á de Sarria o criador Roberto Raposo, de Pedrafita do Cebreiro.
 

Este fin de semana a Galiña de Mos en Rois e Sarria.

O domingo 14 de maio na Feira de San Isidro Labrador, que se celebrará en Rois (A Coruña), dentro da mostra gandeira de razas autóctonas, participará a criadora Mari Luz Gómez, criadora do concello de Ordes. O mesmo día en Sarria, cellébrase a XXIX Mostra Gandeira San Isidro Labrador, na que estará a nosa raza co criador Roberto Raposo, de Pedrafita do Cebreiro.

Achégase unha nova edición da Feira Semana Verde de Galicia.


Do 8 ao 11 de xuño deste ano vaise celebrar unha nova edición da Feira Internacional Semana Verde de Galicia,  no recinto Feiral de Silleda. As actividades que se realizarán serán as seguintes:
--4º CAMPIONATO GALEGO DA RAZA GALIÑA DE MOS.
 Este campionato estará dividido en tres certames no que as nosas aves poderán participar en concurso por lotes ou en concurso individual.
-6ª EXPOSICIÓN E CONCURSO POR LOTES DE GALIÑA DE MOS – SEMANA VERDE 2016 (os lotes serán de 3 galiñas e 1 galo). 
-X CONCURSO MONOGRÁFICO DA GALIÑA DE MOS.
-3º Concurso “A GALIÑA DE MOS E OS SEUS POLIÑOS”.
--No Salón da Alimentación do Atlántico – SALIMAT (pavillón nº 1) haberá de novo un espazo adicado ás razas autóctonas denominado “De Nós para Vós” con exposición e venda de produtos das razas, organizado pola Federación de razas autóctonas de Galicia-BOAGA.
--DEGUSTACIÓN de razas autóctonas a prezos populares durante os catro días da feira no restaurante “TapiRazas”, no pavillón nº1, onde presentaremos degustacións con carnes e ovo da nosa raza.
--MERCADO  DE AVES VIVAS. Existirá un mercado de aves vivas organizado pola  Fundación Semana Verde de Galicia.

Convocatoria Asamblea Xeral

O venres 26 de maio, ás 16:00 horas en primeira convocatoria e ás 16:30 horas en segunda convocatoria, celebrarase no Pazo de Fontefiz a Asamblea Xeral Ordinaria de Avimós. Posteriormente celebraranse dúas asambleas extraordinarias, unha sobre una proposta de modificación de estatutos e a outra sobre elección ou renovación da Xunta Directiva, segundo a información que lle foi remitida aos asociados.

Na Festa do Champiñón estivo a Galiña de Mos.

Na Festa do Champión celebrada en Ordes o pasado 29 de abril estivo a Galiña de Mos. As criadoras Mari Luz Gómez, criadora de Galiña de Mos e de Cachena, do mesmo concello de Ordes e Cruz Grille, do concello de Tordoia, asistiron á feira con dosu postos moi vistosos para promocionas as súas granxas e facendo una ampla promoción sobre a nosa raza.


Nun colexio de Lugo naceron poliños da nosa raza.

Dentro do proxecto de educación avícola que estamos a desenvolver desde a nosa asocación cara os máis pequenos, con observación do ciclo de nacemento dos poliños mediante incubación con incubadora artificial, os nenos e nenas de infantil do CEIP Menéndez Pelayo de Lugo, poderon disfrutar do nacemento na súa aula de 11 poliños que naceron da incubación de 18 ovos.
O día de nacemento das aves, un galo e una galiña asisitiron á súa aula, aproveitando para darlles una charla explicativa e educativa sobre a Galiña de Mos.
Achegar aos máis pequenos as bondades do noso rural e da nosa avicultura é de grande importancia para as xeracións futuras.

Remataron outras exitosas Xornadas de Galo Mos.

No Restaurante Aurora en Lugo, remataron outras Xornadas Gastronómicas do Galo e ovos da raza Galiña de Mos. Con aves procedentes da granxa de avicultura artesá Chousa do Lea, moitos foron os comensais que disfrutaron das diferentes elaboracións durantes os dez días destas xornadas na capital lucense.