No posto do Ministerio de Agricultura falouse da nosa raza.

En Fitur celebráronse no stand do Ministerio de Agricultura, unhas ponencias sobre promoción turística das razas autóctonas. Alí estivemos o día 23 a través da Federación de Razas Autóctonas de Galicia falando do desenvolvemento turístico das nosas razas autóctonas en espazos naturais e gastronómicos, outra promoción máis na capital de España das nosas razas galegas.

A Galiña de Mos estivo coa marca E Para Comer Lugo.

Con motivo da feira Fitur, presentouse o pasado 22 de xaneiro unha nova edición da Guía E Para Comer Lugo. Alí falouse da nosa raza no posto da Xunta de Galicia. Tamén aproveitamos para visitar a hostaleiros galegos de Madrid, que fixeron preparacións cos nosos produtos. 



Martín Barreiro, José Manuel Parada e Ana Mariño posan cos peluches de Galiña de Mos, Ovella Galega e Porco Celta.