O LIBRO “COCIÑANDO COAS RAZAS AUTÓCTONAS” RECIBE UN PREMIO GOURMAND WORLD COOKBOOK AWARDS


Un dos Gourmand World Cookbook Awards de 2012, recoñecidos galardóns cos que se distingue a produción editorial gastronómica, recaeu no receitario Cociñando coas razas autóctonas, premiado como mellor libro de cociña sostible de España. Este premio dálle o pase á gran final internacional que se vai celebrar no Carrusel do Louvre (París) no marco da Paris Cookbook Fair, do 22 ao 24 de febreiro.
Cociñando coas razas autóctonas é unha publicación da autoría de Rocío Garrido Caramés (Sanxenxo, 1977) editada pola Federación de Razas Autóctonas de Galicia-Boaga. Trátase do primeiro libro de cociña que inclúe receitas elaboradas con carnes de todas as razas autóctonas galegas en perigo de extinción: Ovella Galega, Cabra Galega, Galo Mos, Porco Celta, Cabalo de Pura Raza Galega e as bovinas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa. No receitario tamén vén o modo de preparación de varias larpeiradas elaboradas a base de leite, ovos e queixo fresco, todos produtos secundarios derivados das devanditas razas. 
Tamén inclúe información sobre as nosas razas e fermosas imaxes. O libro é en galego.

UN GRAN REGALO PARA TODOS OS QUE NON O TEÑAN.
No enlace que vai a continuación poñemos os puntos de venda (ao final do blog)
Engádese desde estos días a venda en Vigo en "A Tenda do Avó"


Guiso tradicional de Gallo de Mos


Ñam, Ñam. Queremos compartir con vosotros la receta que nos propone el blog de cocina ni mata ni engorda. Se trata de un guiso tradicional de nuestro Gallo de Mos. Os animamos a visitar la entrada de este blog gastronómico en el que se nos explica el proceso de elaboración de la receta, dando al final un resultado espectacular.

fotos: blog nimataniengorda.com

Gran éxito da XIII Feira de Nadal do Galo de Curral de Vila de Cruces

Gran acollida dos primeiros exemplares de galos incluídos dentro da certificación de Cría Certificada Artesanal do Galo de Curral de Vila de Cruces, todos da nosa raza autóctona Galiña de Mos. A cooperativa Vicogalo fixo unha coidada presentación dos galos, dentro dunha bonita cesta de madeira. Tamén houbo venda de galiñas adultas e unha primeira selección de pulardas, que tiveron unha grande acollida. Todas as aves da raza vendéronse a bo prezo, exaltando os compradores a calidade do produto.
Paralelamente 16 restaurantes participaron nunha degustación, na que cada un presentou diferentes preparacións co galo que fixeron as delicias dos máis de 1000 asistentes. Os restaurantes participantes eran da zona do Deza pero tamén participaron outros de zonas como Santiago de Compostela, como o afamado Hostal dos Reis Católicos
 
 
  
 

XIII Feira de Nadal do Galo de Curral de Vila de Cruces

O sábado 22 celébrase na localidade pontevedresa de Vila de Cruces a XIII Feira de Nadal do Galo de Curral.  Poranse á venda galos rubios de tipo industrial de engorde rápido, pero tamén como novidade comercializaranse os primeiros galos producidos á partir da nosa raza, baixo a certificación de Cría Certificada Artesanal do Galo de Curral de Vila de Cruces, cunha coidada presentación.
Como é coñecido, segundo a normativa europea, os galos da nosa raza son aptos para levar no etiquetado a denominación "Criado ao aire libre". Esta denominación non se pode poñer en galos ou capóns obtidos de razas industriais (de tipo rubio), xa que non cumpren a normativa.
Tamén se venderán varias unidades de galiñas da nosa raza autóctona.


Seguimos con menús navideños

Este viernes 21 de diciembre el Restaurante Silabario, en Tuy nos ofrece un sugerente menú navideño en el que está el Gallo de Mos hecho croqueta con maíz y trigo. 

Gallina de Mos rellena de frutas pasificadas con salsa de cava y uvas

El Restaurante Caney, en el hotel Araguaney, en Santiago de Compostela, nos ofrece como TAPA DE NAVIDAD Gallina de Mos rellena de frutas pasificadas con salsa de cava y uvas. Su chef Pedro Lestón nos detalla su esmerada preparación. Muy recomendable ....
Estas navidades sería interesante pasarse por allí a probar esta excelente tapa. Obsérvese incluso el aprovechamiento que se hace de la piel.
En el siguiente enlace se puede consultar la información de su elaboración:
Fotos: Restaurante Caney

O Restaurante Silabario visitou Madrosende para ver a crianza do seu produto

Alberto, chef do famoso Restaurante Silabario, en Tuy, visitou a granxa Castro de Madrosende, en Vila de Cruces, onde Nicolás Castro e María José Castro crian galos da nosa raza. O Restaurante Silabario, que posúe unha Estrela Michelín, elabora varios menús co Galo de Mos, proporcionado por Madrosende e Soutodeherville.
Foto: Restaurante Silabario

Sabores de Santiso estivo na feira de Agasallos locais, en Melide

A localidade de Melide, na provincia da Coruña, acolleu a feira de Agasallos locais para Nadal, organizada polo concello de Melide e polo GDR Ulla-Tambre-Mandeo. Entre os máis de trinta expositores estivo Pablo Balboa, que coa súa granxa Sabores de Santiso, estivo ofertando Galo Mos entre outros dos seus produtos. Durante o fin de semana o Restaurante Casa Quinzán ofreceu menú con galo da nosa raza, cunha promoción especial a todos aqueles que pasaran polo posto na feira de Sabores de Santiso.
Máis info: La Voz de Galicia
Fotos feitas por: Casa Quinzán




Comensais en Casa Quinzán

A Televisión de Galicia falou da Finca Experimental da cooperativa Vicogalo, en Vila de Cruces

O programa labranza da Televisión de Galicia, fixo unha reportaxe sobre a Finca que ten en Merza (Vila de Cruces) o criador David Sueiro coa marca "Calimero". Pertence á cooperativa Vicogalo, creada recentemente.
Baixo a marca "Galo de Curral de Vila de Cruces" que leva funcionando máis de 20 anos, están a empregar a nosa raza autóctona para a crianza do seu produto baixo un protocolo de cría certificada. Nesta gravación pódese ver o sistema de cría que se emprega, cos peches e galiñeiros, para obter o produto final.
Este avance como moitos dos que se están a producir na comercialización, foi posible a partir do nacemento do Rexistro de Explotacións Avícolas Artesanais.
Pódese ver o vídeo no seguinte enlace: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/labranza-09-12-2012

Un novo criador nos presenta a súa marca: Castro de Madrosende

Nicolás Castro, criador da raza ubicado en Madrosende, Toiriz (Vila de Cruces, Pontevedra), ven de presentarnos a súa granxa artesanal. Nos últimos tempos está colaborando con outro dos nosos criadores, Marcos Pichel, de Soutodeherville. Xuntos están a traballar co periodista Fernando Ónega, incluíndo o Galo de Mos na tenda online xestionada por El Corte Inglés.

Un pouco de humor

Agora que se acercan estas entrañables datas... unha viñeta de Luis Dávila.