Unha Tese doutoral sobre a raza causa un gran impacto.

O pasado venres 15 de xaneiro a Tese Doutoral titulada "Caracterización da raza Galiña de Mos", presentada por Diego Rois, veterinario e Director Técnico de Avimós, obtivo a máxima cualificación de "sobresaínte cum laude".
A tese presentada na Facultade de Veterinaria de Lugo, aborda os aspectos tanto historicos, morfolóxicos, xenéticos, de análise da poboación, de estratexias para a súa promoción e a caracterización produtiva de varios dos produtos máis importantes da raza.
O impacto dos resultados foi moi grande tanto na prensa escrita coma en radio.
Nas seguintes enlaces pódese consultar máis referencias sobre o estudo.
Campo Galego

En Fitur falouse dos produtos da Galiña de Mos.

O pasado día 20 de xaneiro con motivo da Feira Internacional do Turismo FITUR, presentouse a Guía da Hostalería de Lugo, onde se fala de produtos da Galiña de Mos. Asistimos ao stand de Galicia á súa presentación, contando ademais coa presenza de cociñeiros e de Madrid e autoridades cos que se intercambiaron coñecementos sobre a raza.

A Galiña de Mos estará de novo en Fitur

Con motivo da celebración da XXXVI Feira Internacional do Turismo Fitur 2016, a Galiña de Mos voltará a sonar, debido á invitación da Asociación Provincial de Empresarios da Hostalería de Lugo, que con motivo da presentación da Guía gastronómica E Para Comer Lugo, inclúe a produtos da nosa raza nesta promoción.

Un grupo de amigos reúnense a xantar Galo de Mos

O criador Manuel Rodríguez Alonso "Ivo", fainos chegar esta imaxe publicada no xornal Faro de Vigo, sobre o xantar celebrado fai uns días no Mesón Orensano, na cidade de Vigo. 
Participaron entre outros o xornalista Pepe Cadavedo.
Outra actividade que serve para promocionar a nosa raza.

As Galiñas de Mos primeiro...

Debido a que estos días hai auga de sobra, debido as abundantes choivas, o afamado caricaturista Luis Dávila, apodado O Bichero, publicou esta simpática viñeta sobre a nosa raza...
Está claro cales son as primeiras en salvarse, je, je...