No CEIP Plurilingüe Virxe do Mar de Narón naceron poliños.

O 12 de novembro naceron poliños da nosa raza no CEIP Plurilingüe Virxe do Mar de Narón, trala posta en marcha da incubadora 21 días atrás. Os alumnos do colexio disfrutaron coa visita dun galo, dunha galiña e dos poliños nacidos. Da gusto atoparse con profesoras como Pilar Saavedra, que realizou durante estas tres semanas experiencias cos seus alumnos, relacionadas co mundo da avicultura e desta maneira, que tomen contacto coa natureza.









No concurso de tapas de Lugo vai a nosa raza.

No concurso de tapas de Lugo, que se celebrou entre o 5 e 21 de novembro, participou unha tapa de Canelón de Polo Mos e bechamel trufada. Foi a aposta do restaurante Bulló Xantar.


A Galiña de Mos estivo en Xantar.

Este ano o Salón Internacional de Turismo Gastronómico-Xantar, celebrouse do 3 ao 7 de novembro en Ourense. No restaurante da Federación de Raza Autóctonas de Galicia-BOAGA, estiveron presentes os produtos da nosa raza, que acompañaban o espectacular menú. 



De feira en Monterroso.

 O 1 de novembro a Galiña de Mos participou na Feira de Santos que se organiza no en Monterroso nesa data, desde tempos históricos. Alí estiveron os criadores da granxa MosUlloa con exposición e venda de exemplares e ovos.






A Galiña de Mos estivo de Feira na Veiga.

Os días 9 e 10 de outubro celebrouse unha Feira na Veiga, na provincia de Ourense, que tivo unha importante mostra gandeira. Alí estiveron expoñendo lotes das súas galiñas , o criador e criadoras Vicente Lameiro, do concello da Veiga, María Elisa Camino, do concello do Bolo e Ana Belén Losada de Granxa Artesanal "Os Chambras", do concello de Manzaneda.



Estivemos en Expolugo

O primeiro fin de semana de outubro, estivemos en Expolugo, onde se celebrou unha pequena mostra de razas autóctonas e presentacións de produto. Unha feira que debido ás restriccións, non puide ser do tamaño doutros anos. Esperamos a súa recuperación no futuro. Alí houbo unha mostra gandeira e demostracións de produto.