A Galiña de Mos no campamento celta do Arde Lucus

O pasado fin de semana celebrouse en Lugo o Arde Lucus, festa de recreación histórica romana e celta que ten un maior auxe cada ano. Case medio millón de persoas disfrutaron das actividades durante tres días. No  campamento celta da asociación Trebas Galaicas, chamado castro de Medulio houbo unha exposición de exemplares de razas autóctonas onde estivo a nosa raza. As aves foron cedidas polo criador Luis Fernández 


.

Programa labranza sobre as razas autóctonas en Silleda

O 24 de xuño, o programa labranza da Galega falou das razas autóctonas en Silleda e da presentación do libro Cociñando coas razas autóctonas. A partir do minuto 10.

Destacado papel dos criadores da raza na Semana Verde


O 1ª Exposición e Concurso por lotes de Galiña de Mos, celebrado con motivo da Semana Verde, foi moi visitado, gustando moito a presentación. Participaron 22 criadores das catro provincias galegas que presentaron cada un, un lote formado por tres galiñas e un galo.

Os xuíces do concurso foron os veterinarios da Xunta de Galicia D. Eduardo Vidal Baamonde e D. Cástor José Rivero Martínez.
O mellor lote foi para José Rama García de Carral, A Coruña.
O segundo premio foi para o lote de Mariña Grille Negreira, de Val do Dubra, A Coruña.
O terceiro premio foi para un lote de Luis Fernández, Fernández, de Riotorto, Lugo.

Gran éxito da Semana Verde de Galicia 2012

Rematou a Semana Verde de Galicia 2012, celebrada en Silleda (Pontevedra) do 14 ao 17 de xuño.
Visitada por 110.000 persoas, foi un gran escaparate para a promoción da nosa raza. Houbo moitas novidades, destacando a presentación das carnes das razas autóctonas en venda directa desde o produtor ao consumidor.
 A granxa artesanal Soutodeherville presentou unha venda de galos sacrificados con oito meses, que mostraron unha gran calidade e aceptación, interesándose polo produto cidadáns de diferentes partes do mundo. O seu propietario, Marcos Pichel, foi felicitado por todas as autoridades pola súa aposta.

O Conselleiro de Presidencia, D. Alfonso Rueda, a Conselleira do Medio Rural e do Mar, Dª Rosa Quintana, cos Directores Xerais de Produción Agropecuaria e Desenvolvemento Rural, D. José Álvarez e D. Antonio Crespo, acompañados da alcaldesa de Silleda, Dª Paula Fernández, atenden ás explicacións de Marcos Pichel, propietario da granxa artesanal Soutodeherville. Marcos aparece acompañado de Carlos Durán, criador da raza de Ferrol.

Finca Dapedra estrénase na web

O noso criador José R. García, de Carral A Coruña, estrénase na web no dominio gallinasdemos.es, e nos anima a visitar a súa páxina. Nesta web pretende darnos información sobre a raza e sobre a súa granxa e as aves que cría e os seus produtos. Benvido á rede.

Exposición-concurso por lotes e mercado da Galiña de Mos na Semana Verde 2012

Como sabedes do 14 ao 17 de xuño, celébrase a Semana Verde de Galicia. No recinto feiral de Silleda, onde asistiron o pasado ano máis de 100.000 persoas, celebraremos unha exposición e concurso por lotes participando 22 criadores da raza. Tamén 9 criadores porán á venda exemplares desde un a tres meses. Tamén haberá outros concursos con razas autóctonas, exposición e venda. Alí vos esperamos, no pavillón 3 do recinto feiral.




Semana Verde 2012

 

Do 14 ao 17 de xuño celébrase a 35ª Edición da Feira Internacional Semana Verde de Galicia. Este ano hai importantes novidades. Nos próximos días vos iremos contando.
Como en anos anteriores, no recinto feiral de Silleda (Pontevedra). ENTRADA GRATUITA.