![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhlDUw0TWFGKeUWMA_yvK3tGwz_fGvgRMEcRuBJbbJSzbSZyUvgppwANqzjxPPSMxqegDxN8xAG5Pr3Xk3K9cvSU2s652DhbsiMqOSzuNsRWw_QjFwEv6hkVSLE_WdDVAR40zGv/s320/20120614_110709.jpg)
O 1ª Exposición e Concurso por lotes de Galiña de Mos, celebrado con motivo da Semana Verde, foi moi visitado, gustando moito a presentación. Participaron 22 criadores das catro provincias galegas que presentaron cada un, un lote formado por tres galiñas e un galo.
Os xuíces do concurso foron os veterinarios da Xunta de Galicia D. Eduardo Vidal Baamonde e D. Cástor José Rivero Martínez.
O mellor lote foi para José Rama García de Carral, A Coruña.
O segundo premio foi para o lote de Mariña Grille Negreira, de Val do Dubra, A Coruña.
O terceiro premio foi para un lote de Luis Fernández, Fernández, de Riotorto, Lugo.
No mercado gandeiro da raza participaron 9 criadores que venderon case 2.000 poliños.
A Conselleira do Medio Rural e do Mar, Dª Rosa Quintana e o Director Xeral de Desenvolvemento Rural, visitaron a exposición e o mercado saludando e atendendo ás explicacións dos criadores.
Foto de familia dos criadores