III Concurso-Exposición Monográfico da Galiña de Mos

Con motivo da celebración da feira Expolugo, celebrouse do 2 ao 5 de outubro o III Concurso-Exposición monográfico da Galiña de Mos, no Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo que tivo un gran nivel de participación e moitos visitantes.

A Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Dª Raquel Arias, atende ás explicación do Presidente de Avimós.



Os gañadores foron, na categoría de Galos:
1º premio-galo propiedade de Edmundo Novoa, de Lugo.
2º premio-galo propiedade de Antonio Roca, de Cambre, A Coruña.
3º premio - galo propiedade de Fulgencio Casás, de Outeiro de Rei, Lugo.

Na categoría de galiñas:
1º premio-galiña propiedade de Luis Fernández, de Riotorto, Lugo.
2º premio-galiña propiedade de Luis Fernández, de Riotorto, Lugo.
3º premio-galiña porpiedade de Arlindo Riveiro, de Vigo, Pontevedra.


Concurso de galiñas de razas autóctonas do cantábrico

Do 25 ao 27 de setembro celebrouse en Xixón o III Concurso-Exposición de Gallinas de razas autóctonas del cantábrico e o II Concurso-Exposición Internacional de avicultura, colombicultura y cunicultura de razas autóctonas de España, Francia y Portugal.

Asistiron coa Galiña de Mos os criadores Edmundo Novoa, Carlos Durán, Ramón Abella e Luis Fernandez. Estes dous últimos recibiron sendos premios cos seus exemplares, macho e femia respectivamente, destacándose as altas puntuacións recibidas polos exemplares da nosa raza, proba da calidade das aves presentadas.

III Concurso-Exposición Monográfico da Galiña de Mos

Do 2 ao 5 de outubro celebrarase no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo a terceira edición do Concurso-Exposición Monográfico da Galiña de Mos englobado na feira Expolugo. Poderase visitar das 11 ás 21 horas.

Aqueles que desexen máis información poden chamar ao telefono da asociación (988205487).

A Galiña de Mos irá á exposición de Xixón

Do 25 ao 27 de setembro celébrase en Xixón o III Concurso-Exposición de Gallinas de razas autóctonas del cantábrico e o II Concurso-Exposición Internacional de avicultura, colombicultura y cunicultura de razas autóctonas de España, Francia y Portugal.
Será no Recinto Ferial "Luis Adaro".
Nel participarán varios criadores da nosa raza cun importante número de aves expostas.
Manterémosvos informados.

Estivemos en Silleda

A Feira Internacional Semana Verde de Galicia celebrouse do 11 ao 14 de xuño, no recinto feiral de Silleda, sendo visitada por 55.000 persoas. Alí estivemos con dous lotes de Galiña de Mos e no stand do resto das razas autóctonas englobadas na Federación de razas autóctonas de Galicia-Boaga.

II MOSTRA DE GANDO DO PAIS. Bretoña, A Pastoriza, Lugo.

En Bretoña, no concello da Pastoriza, provincia de Lugo, celebrouse o pasado 7 de xuño a II Mostra de Gando do País na que se ubicou unha carpa na que houbo unha vistosa e moi concurrida exposición das razas autóctonas galegas estando presente a Galiña de Mos.

Entradas para Silleda

Este ano a Feira Internacional Semana Verde de Galicia celébrase do 11 ao 14 de xuño.
Temos entradas para todos os interesados polo que aqueles que as queiran que chamen á asociación para solicitalas.
Máis información sobre a feira aquí.

VILADECRUCES APOSTA POLA GALIÑA DE MOS

O prestixioso galo de curral de Viladecruces é un galo criado ata cerca dun ano de idade que é comercializado posteriormente tras ser sometido a unhas condicións de crianza totalmente naturais. Ten unha historia de dúas décadas de antigüidade e nestas datas celébrase a festa do galo de curral desta localidade da comarca do Deza. Nos últimos anos este produto elaborábase a partir da crianza de galos de estirpes rubias, de procedencia estranxeira, que son a gran maioría das existentes na nosa terra pero debido a que os promotores desta iniciativa desexan a maior calidade para a súa produción, actualmente o Galo de Curral de Viladecruces, do que se comercializan durante todo o ano centos de unidades, estase a producir a partir da Galiña de Mos, combinando a xenética de alta calidade cun método de produción natural e artesanal, obtendo desta maneira a máxima calidade.
O 31 de maio celebrouse a XVI edición da Festa do Galo de Curral, organizando Avimós e a asociación de produtores do galo de curral de viladecruces unha fermosa exposición de Galiña de Mos. Tamén houbo degustación e venda de exemplares recibíndose nesta xornada festiva máis de 10.000 visitantes.







A Galiña de Mos no mercado estacional de Riotorto.

Xa esta consolidado o mercado estacional das Rodrigas no concello de Riotorto, provincia de Lugo, onde en cada estación acude o criador de Galiña de Mos Luis Fernández cunha exposicion e venta de exemplares da raza. Os mercados celebráronse os días 1 de marzo e 24 de maio.

Xornadas gastronómicas Galo Mos

Un ano máis a asociación de empresarios de Val do Dubra, organiza o 4 e 5 de abril con motivo da Expofeira ecolóxica, as Xornadas Gastronómicas do Galo Mos e da Tenreira Cachena, dúas das carnes de maior prestixio que existen.

Animamos a todos a acercarse a Bembibre a disfrutar da calidade.

Bembibre está no concello de Val do Dubra, na provincia da Coruña, cerca de Santiago e Compostela.


Imparable incremento no número de visitas da páxina de avimós.

Nos últimos meses estanse a disparar o número de visitas á páxina da Galiña de Mos en www.avimos.org mostra do crecente interés que se está a ter pola raza. Nestes meses estánse a alcanzar as 3.500 visitas mensuais (que son moitas) tendo unha media de máis de 110 visitas diarias.
A continuación podemos ver un gráfico que nos ofrece o noso servidor sobre as estadísticas web desde o mes de maio do pasado ano.
Podedes comprobar que doblamos o número de visitas en comparación aos meses de finais do 2006 e 2007 como xa analizamos aquí

Notas informativas sobre a Galiña de Mos

A raíz da feira de Mos a Televisión de Galicia fixo unha serie de reportaxes sobre a raza que saíron en varios programas. Si pinchades no botón do play podedes ver os vídeos.
agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Notas informativas sobre a Galiña de Mos

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG