Charla no CFEA Sergude

No Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Sergude, o pasado 10 de febreiro, impartimos unha charla sobre a raza Galiña de Mos e sobre a avicultura artesanal aos alumnos do ciclo medio de Formación Profesional de Agroecoloxía.




 

Formación no CIFP A Granxa

 O 28 de xaneiro o Director Técnico da asociación, Diego Rois, impartíu unha xornada de formación aos alumnos do Centro Integrado de Formación Profesional A Granxa, en Ponteareas. Os alumnos do módulo de produción agroecolóxica, tutelados polo profesor Rodrigo Porto, aprenderon técnicas de cría en galiñeiros artesanais tanto en formación teórica coma práctica. 

Visitouse o galiñeiro existente no mesmo centro, onde hai un lote de Galiña de Mos e se intercambiaron experiencias.


Charla nun colexio da Estrada.

 Os alumnos do CEIP Cabada Vázquez, en Codeseda (A Estrada) participaron nunha xornada de formación que impartíu o criador do mesmo concello Víctor Fontán. Contoulles a súa experiencia coa crianza da Galiña de Mos, xa que recentemente o colexio, instalou un pequeno galiñeiro para que os alumnos vexan o desenvolvemento das aves.

Revista Autóctonas Galegas

 Xa podedes ver un novo número da revista Autóctonas Galegas. Aparecen varios criadores de Galiña de Mos sendo entrevistados. No menú lateral tedes o enlace ou ben, pinchando aquí.