Na "Vuelta Ciclista" volverán a estar os produtos da nosa raza.

Outro ano máis os produtos da nosa raza volverán a ser promocionados coa celebración da "Vuelta Ciclista a España", no posto de "E para comer Lugo", da Asociación de Empresarios da Hostalería da provincia de Lugo.
O venres 12 de agosto celebrouse en Lugoo acto de presentación desta edición.

A Galiña de Mos estivo en Gomeán.

 O pasado 14 de agosto a nosa raza estivo na Feira do Ano de Gomeán, no concello do Corgo, provincia de Lugo, con exemplares de Sandra López, de granxa Aeiroá.



No CEIP do Páramo naceron poliños.

No CEIP do Páramo, no concello do mesmo nome, na provincia de Lugo, naceron 11 poliños da incubación da raza Galiña de Mos que arrancou 21 días atrás. Os alumnos disfrutaron con eles e coa presenza dun galo e unha Galiña da nosa raza, que levou o criador Ramón Vázquez .









A Galiña de Mos no Arde Lucus.

 A nosa raza estivo presente na feira Arde Lucus, en Lugo, dentro do campamento de "Lucus Equites" coas galiñas da criadora Sandra López, de granxa Aeiroá.



Nas Pontes naceron poliños.

O 10 de xuño, os nenos e nenas de segundo, do CEIP A Magdalena das Pontes de García Rodríguez, asistiron a unha charla que impartimos o día de nacemento dos polos, tras poñer unha incubadora 21 días antes. Dez poliños romperon o cascarón para que os alumnos podan achegarse a observar en directo, unha bonita experiencia que nos brinda a natureza.