A Galiña de Mos en Madrid Fusión

Madrid Fusión é unha das feiras de gastronomía máis importantes de toda Europa. Celebrouse na capital de España entre os días 26 e 29 de xaneiro e alí asistiron varias das marcas de produtores da nosa raza.
Invitados pola Deputación de Pontevedra ao seu stand, asistiron os criadores Nicolás e María José da granxa Castro de Madrosende e José Luis e Manolo, da granxa a Crista do Galo.
O cociñeiro Diego López, do restaurante La Molinera, de Lalín, presentou "Pularda de raza Mos en su jugo emulsionado con miniensalada", tendo unha excelente aceptación. Tamén asistíu ao certame o criador David Sueiro, da granxa Galo Celta, que mantivo contactos co famoso cociñeiro Martín Berasategui, que segue a estar moi interesado na calidade dos produtos da nosa raza. Noraboa a todos.

O programa Vivir Aquí falou da Galiña de Mos

O día 25 de xaneiro, o programa da TVG Vivir aquí, fixo unha reportaxe sobre as razas autóctonas, onde aparecen os criadores Manolo e José Luis, da granxa "A Crista do Galo", ubicada na parroquia de Muimenta, en Lalín. 
A reportaxe pódese ver no seguinte enlace: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/do-campo-ao-prato

A Galiña de Mos participou en Fitur 2014

Grazas á invitación cursada pola Asociación de Hosteleros da provincia de Lugo, asistimos á presentación en Fitur da Guía da hostelería da provincia de Lugo E para comer Lugo, onde aparece o Galo de raza Mos. A esta presentación asisitimos cos nosos amigos da Asociación de Criadores da raza Ovella Galega (Asovega). Nesta xornada presentamos a hosteleiros de Madrid a Pularda de Raza Mos. O estudo de investigación que estamos a facer sobre a pularda da nosa raza, xunto coa Federación de Razas Autóctonas de Galicia-BOAGA e o Centro Tecnolóxico da Carne de Galica, comeza a ter resultados que estamos comezando a divulgar entre os consumidores.
No madrileño restaurante Manolo houbo unha presentación de varios produtos galegos, participando unha receita feita polos cociñeiros do restaurante de "Pularda de raza Mos con salsa de almendra y risotto". Varios cociñeiros madrileños e publicistas gastronómicos mostraronse moi interesados nos produtos da Galiña de Mos.


A Galiña de Mos estará en Fitur 2014

O mércores 22 de xaneiro presentarase no stand de Turgalicia, na Feira Internacional do Turismo, a Guía da Hostalaería Lucense "E para comer Lugo". Dentro desta guía promociónanse produtos da nosa raza como o Galo Mos. Nesta xornada tamén haberá unha presentación especial da pularda da raza Mos diante de hosteleiros de Madrid.

Un bo plan para a noite de Reis

Un bo plan o que nos propón o famoso Restaurante Silabario, en Tui, para esta noite de reis. Poderemos cear entre outros "Gallo de Mos estofado muy lento, nabo glaseado y pequeños níscalos escabechados"...

Bo volume de vendas na Feira de Nadal do Galo de Curral de Vila de Cruces

Na Feira de Nadal do Galo de Curral de Vila de Cruces (Pontevedra), celebrada o día 22 de decembro, vendéronse 200 exemplares de galos, galiñas e pulardas da raza Galiña de Mos, aínda que tamén se puxeron á venda galos rubios industriales de crecemento rápido.
Houbo unha degustación que ofreceron varios restaurantes da zona e tamén, unha exposición de aves vivas de razas de galiñas, organizada coa colaboración da Federación Española de Avicultura (Fesacocur).