O galo Mos na Vuelta Ciclista a España

Nas etapas galegas da "Vuelta Ciclista a España" os asistentes á  zona VIP, poden degustar galo da nosa raza, que está incluído na promoción que está a facer a Asociación de Hosteleros de Lugo no seu posto, con outros produtos de calidade galegos. Preparado pola empresa responsable do catering da volta ciclista, simplemente asado cun lixeiro adobo con allo e perexil, está a ter moito éxito.Especialmente os visitantes de fóra de Galicia interesáronse polo coñecemento das características do produto, repartíndose moitos trípticos publicitarios da raza. As imaxes que vemos son da saída en Ponteareas.



Último fin de semana das xornadas do Galo Mos na Pastoriza

Ata o día 26 de agosto seguirán as Xornadas Gastronómicas do galo da nosa raza na Taberna Molareda, en Fontenla, na parroquia de Piñeiro, no concello da Pastoriza, provincia de Lugo. 
Incluído nun menú de 20 € cun entrante de revolto con diferentes combinacións a escoller, no segundo prato aparece a carne do galo feito dunha maneira deliciosa. (Recomendable probalo).

Ata sempre Miguel

Deixounos Miguel Purriños, un dos grandes entre os criadores da nosa raza e unha gran persoa. Desde a Asociación de avicultores da raza Galiña de Mos-AVIMOS o noso máis sentido pésame e un forte abrazo aos seus familiares e amigos. 
Ata sempre amigo.

O Galo de Mos promocionarase durante as etapas da Volta Ciclista a España

As carnes dos galos da nosa raza serán protagonistas durante a Vuelta Ciclista a España, xa que a Asociación de empresarios da hostelería de Lugo, en colaboración coa Xunta de Galicia e a marca "E para comer Lugo" terán nas saídas das etapas un posto de promoción dos produtos agroalimentarios con indicación de calidade, estando representada a nosa raza coa Ovella Galega e o Porco Celta.
Nas cinco etapas galegas con saída en Ponteareas, Cambados, Vilagarcía, Santiago e Palas de Rei haberá degustación do galo da raza Mos, cedidos por criadores da provincia de Lugo, xunto coas dos outros produtos de calidade.
Máis información: El Progreso, La Voz de Galicia.

Na presentación do acto estivo en representación dos consellos reguladores e das asociacións de criadores o Presidente de Avimós (esquerda).

Novas xornadas gastronómicas do Galo Mos

Do 11 ao 26 de agosto, celébranse na Taberna Molareda, ubicada en Fontela 8, parroquia de San Cosme de Piñeiro, no concello da Pastoriza, na comarca da Terra Chá, provincia de Lugo, unhas xornadas sobre o Galo de Mos. Organizada pola granxa artesá da raza "Chousa do Lea", temos outra ocasión de disfrutar da calidade dos galos da raza criados con oito meses de idade. Algo único.
Máis información: xornal El Progreso.