No colexio do Barqueiro naceron poliños

Os nen@s do Colexio Público Francisco López Estrada do Barqueiro, concello de Mañón, recibiron uns visitantes moi especiais no colexio. Un galo e unha galiña da nosa raza os visitaron o día que nacía un lote de poliños na aula. Miguel e Rebeca de Ganadería Tras Do Río Cachena contaronlles a súa experiencia coas razas autóctonas.



Xornadas Gastronómicas da nosa raza.

Do 6 ao 22 de marzo celébranse no restaurante O Forno de Tovar, en Lourenzá, provincia de Lugo, unhas xornadas gastronómicas sobre a nosa raza. Son organizadas pola granxa Chousa do Lea e na imaxe, pódense ver os días e o teléfono para reservas.


A Galiña de Mos estivo nas Pontes.

Os días 22 e 23 de febreiro estivemos na mostra de razas que se celebrou nas Pontes con motivo da Feira do Grelo. o fin de semana estivo moi animado e a carpa estivo chea de xente. Participaron os criadores do concello das Pontes, Michiel Meijer, Cynthia Arias e Iván Dobarro.


Asistimos á entrega do premio Aresa.

O pasado 28 de febreiro asistimos á entrega do XX Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, onde resultaron gañadores os nosos amigos de Asoporcel. Recolleu o premio o seu presidente, José Barreira que tamén é criador de Galiña de Mos. Foi un pracer acompañar a unha asociación que tamén traballa pola recuperación e promoción por outra das nosas razas autóctonas.