Estaremos nas Pontes este fin de semana

Este sábado 25 e domingo 26 de febreiro estaremos na Feira do Grelo das Pontes de García Rodríguez. Haberá unha mostra de razas autóctonas de Galiña de Mos, Porco Celta, Ovella Galega, Cabra Galega e Can de Palleiro durante os dous días. O domingo o peche da mostra será ao remate da degustación do cocido.

Nace unha nova marca comercial duns criadores de Galiña de Mos.

Nas Pontes de García Rodríguez temos dous novos criadores Ángela e Michiel, que veñen de crear unha marca para comercializar os seus produtos de Galiña de Mos e de Cachena.
Tras decidirse a vivir no rural e recuperar terreos abandonados inician a súa explotación con razas autóctonas.
Noraboa por esta nova iniciativa.
No vídeo podemos ver a reportaxe que lles fixo La Voz de Galicia e a información impresa aquí




A Galiña de Mos estivo na Feira do Porco Celta de Sarria.

Os días 11 e 12 de febreiro estivemos na feira Fiporco, organizada en Sarria con motivo da novena edición da Feira do Porco Celta de Sarria. Nun posto da Federación de Razas Autóctonas de Galicia-BOAGA, repartimos información sobre a nosa raza e do resto das nosas autóctonas.


La innovación es buscarse la vida.

O pasado 10 de febreiro asistimos á charla que deu Ferrán Adríá no Pazo de Congresos de Santiago, invitados por CaixaBank. Nela falouse sobre restauración, produtos agroalimentarios e creación de empresas e marcas pero sempre tendo en conta que debemos afrontar os nosos negocios con optimismo, ilusión e iniciativa.

A Galiña de Mos triunfou en GandAgro

A nosa raza tivo un gran protagonismo na feira profesional GandAgro, celebrada en Silleda. Xunto co resto das razas autóctonas destacaron nunha carpa habilitada específicamente. O lote de exemplares estivo acompañado coas nosas razas gandeiras, pasando máis de 20.000 persoas a visitarnos, establecendo moitos contactos con interesados na avicultura artesanal.
O sábado fíxose unha degustación de productos 100% raza autóctona diante do stand de Boaga, na que houbo empanada de polo da nosa raza.