Un ano máis a Galiña de Mos estará en Fitur

O mércores 28 de xaneiro presentarase no stand de Turgalicia, na Feira Internacional do Turismo en Madrid, a Guía da Hostalería Lucense "E para comer Lugo" 2015. Nesta publicación que fala de turismo gastronómico, inclúense produtos de calidade e como non, aparece o Galo Mos.
Na presentación haberá representación de Avimós, aproveitándose para facer unha presentación dos produtos da raza diante de hosteleiros madrileños, grazas á invitación da Asociación de Empresarios da Hostelería de Lugo.

Queremos probar as trufas cos produtos da Galiña de Mos?

O restaurante Esteban Seleccion Culinaria aposta estes días por unha serie de platos de trufas con produtos da Galiña de Mos. Nun menú degustación proponnos os seguintes pratos:
- Pastel de galo de Mos e porco celta, con vinagreta trufada
- Ovo trufado de galiña de Mos, con lasquiñas de xamón ibérico 
- Risotto de setas, trufa e Queixo San Simón
- Muslo de galo de Mos trufado
- Trufas de chocolate

Os partidos políticos apoian iniciativas para favorecer a venda directa de aves.

Como sabedes, levamos anos negociando coas administracións o levantamento da prohibición existente en España da comercilización en venda directa de aves de curral sacrificadas na propia explotación no comercio local, tal coma se permite no resto da Unión Europea.
Son xa varios anos de intensas reunións para favorecer este tipo de comercialización permitida pola normativa europea pero non pola española, o que implica que os nosos pequenos produtores xoguen en inferioridade de condicións respecto aos do resto dos países veciños. Xa vos informamos en outras entradas sobre estas reunións.
Pois ben, parece que os partidos políticos están a favor desta iniciativa. O Partido Popular propuxo unha iniciativa no congreso en abril de 2014, o PSOE en setembro do mesmo ano presentou no congreso un Proxecto non de Ley para favorecer a venda directa de aves e coellos e o PP ven de presentar outro proxecto non de ley para levantar a prohibición da venda de aves sacrificadas na propia explotación.
Esperemos que agora sí, as administracións actúen en consecuencia e con sensatez.
Manterémosvos informados dos avances que se consigan.

O Bar Cotá en Lugo organiza unhas xornadas sobre a Pularda e o Galo da nosa raza.

O bar Cotá, na praza da Soidade, en Lugo, está a organizar unhas Xornadas sobre a Pularda e o Galo da raza Mos, que se sirve durante os fins de semana ata agotar as existencias. Están comezando pola pularda, aínda que están quedando xa poucas unidades.
Nos próximas días comezarán as do galo.
As aves son proporcionados polo criador Salvador Mato, de Lugo.