A Galiña de Mos estivo na Feira dos Remedios de Ponteareas.

A Feira Tradicional do Remedios celebrada o 8 de setembro en Ponteareas, contou coa presenza da Galiña de Mos, da man dos criadores Alejandro Collazo e Álvaro Rodríguez. Celebrouse unha mostra gandeira que foi moi visitada. As rúas da localidade estiveron cheas de xente durante toda a xornada, mostrándose coma un acerto o achegar o gando á cidade, xa que moita xente pode así, observar ás nosas ganderías mailo traballo que estamos a desenvolver.