Outra incubación no Insua Bermúdez de Vilalba.

 No CEIP Insua Bermúdez de Vilalba, naceron poliños da raza Galiña de Mos o pasado 31 de marzo. Os máis pequenos atenderon ás explicacións que lles demos sobre o proceso de incubación e as características da raza.



No Centro de día de Abadín naceron poliños

Fermosa actividade a do pasado venres 31 de marzo. Xuntáronse os nenos do colexio da Abadín cos maiores do centro de día da localidade, para asistir ao nacemento dos poliños e observar a un galo e Galiña de Mos e as nosas indicacións. O xornal Galiciaxa.com fixo unha reportaxe sobre esta incubacións. Pódese consultar o enlace aquí
Tamén o xornal El Progreso fixo un artigo pulsar aquí









A Galiña de Mos estivo no Valadouro.

 O pasado 25 de marzo celebrouse no Valadouro, provincia de Lugo, o Mercado de Primaveira, que contou coa participación do noso criador Pablo Val, onde estivo con exemplares e repartindo información.

Asistimos ao acto do X Aniversario do logotipo 100% raza autóctona.

 O pasado 14 de marzo asistimos Acabamos de participar no acto de X Aniversario do Logotipo 100X100 raza autóctona, no Parador de la Granja, en Segovia, organizado polo Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación. A Federación de Razas Autóctonas de Galicia-Boaga recibíu un recoñecemento polo traballo realizado a prol das razas autóctonas galegas, e a promoción dos productos das nosas razas, a través do logotipo 100×100 raza autóctona. A nosa raza participou na degustación que houbo ao finalizar o acto.









Novas Xornadas Gastronómicas.

A partir do vindeiro xoves día 23 de marzo xa podemos disfrutar dunhas novas xornadas gastronomícas adicadas á raza autóctona galega Galiña de Mos no FORNO DE TOVAR en Lourenza, Lugo. O cociñeiro Jorge Lopez Barreira vai a elaborar pratos que de seguro nos sorprenderán. As aves son proporcionadas pola granxa Chousa do Lea. As Xornadas durarán ata mediados do mes de abril.




No colexio de Buño tamén naceron polos.

No Ceip Joaquín Rodríguez Otero de Buño en Malpica de Bergantiños, naceron poliños da raza Galiña de Mos. Outra experiencia de incubación enriquecedora.




Nova experiencia no CEE Santa María de Lugo.

 No Centro de Educación Especial Santa María en Lugo, naceron uns poucos polos da nosa raza.  Posteriormente os polos foron trasladados a uns galiñeiros que construíron con axuda do criador Luis Fernández. Démoslles a unha charla aos alumnos e alumnas para que se familiaricen coa súa crianza.