1º monográfico da Galiña de Mos en Castropol

O fin de semana do 12 ao 14 de novembro celebrouse en Castropol, dentro da exposición de avicultura internacional un Monográfico da Galiña de Mos. A nosa raza participou con máis de 120 exemplares, en liñas xerais dunha boa calidade.
Un dos grandes triunfadores foi o criador de Xermade (Lugo) Juan Pernas, que acadou tanto o primeiro premio en galiñas como o de mellor criador, con exemplares inscritos a nome da súa muller, Sara González. Unha das galiñas de Juan proclamouse mellor galiña da exposición de Castropol, unha exposición na que participaron máis de 1.700 aves.
Outro dos triunfadores foi Luis Fernández, de Riotorto (Lugo), cun fermoso galo que acadou o primeiro premio.
O premio ao mellor lote da raza levouno Miguel Purriños, de Pontedeume (A Coruña).