Achégase a Feira Semana Verde de Galicia.

 Do 2 ao 5 de xuño, estaremos en Silleda na Semana Verde de Galicia, onde haberá moitas actividades sobre a nosa raza, degustacións, unha nova edición do Campionato Galego da Galiña de Mos, co concurso por lotes e monográfico, vendas de exemplares...


Máis nacementos, agora en Guitiriz.

 o 13 de maio estivemos no CEIP Lagostelle, de Guitiriz. Alí tamén naceron póliños da nosa raza tras a incubación dos ovos durante 21 días. Os alumnos coñeceron as características da nosa Galiña de Mos. Asistíu o criador Francisco Monasterio Solveira.








Nacemento de poliños en Castro de Riberas de Lea.

Mañá intensa a do pasado 13 de maio. A primeira hora estivemos no CEIP Veleiro Docampo, en Castro de Riberas de Lea, no concello de Castro de Rei, onde naceron unha ducia de poliños da nosa raza trala incubación posta en marcha fai tres semanas. Jose Zapata Sanchez da Granxa Chousa do Lea e Diego Rois, falaronlles aos mais de 200 nenos e nenas do centro, das bondades da Galiña de Mos.












En Foz estivo a Galiña de Mos

 O pasado 8 de maio en Villaronte de Foz celebrouse unha feira de produtos de cercanía. Alí estivo o criador Pablo Val cos seus exemplares.



Máis poliños naceron en Valdoviño.

Segundo o calendario previsto, e tras 21 días de incubación, o 11 de abril os pitiños saían do cascarón ante a máxima expectación dos nenos e nenas da Aula da Natureza-Punto de Atención á Infancia de Valdoviño. Os nenos e pais asistiron tamén a unha charla sobre as características da Galiña de Mos.







Nacemento de poliños en San Sadurniño

O 8 de abril foi un día de sorpresa na Escola Infantil Municipal de San Sadurniño, onde naceu unha rolada de pitiños, saídos trala incubación feita no centro. Nesta ocasión só se lograron seis por causa dun fallo na incubadora. Porén, a constancia das mestras e das nenas e nenos virando á man os ovos de Galiña de Mos nas últimas tres semanas tivo a súa recompensa.







A Galiña de Mos no Valadouro

O pasado 26 de marzo o noso criador Pablo Val, participou no Mercado Tradicional do Valadouro cos seus exemplares.

Celebradas novas xornadas sobre a raza

 Durante o mes de marzo e abril, celebráronse unhas novas Xornadas sobre a nosa raza no restaurante Forno de Tovar, ubicado no Pazo de Tovar en Lourenzá, Lugo. A granxa Chousa do Lea proporcionou as aves. Foron unhas xornadas nas que se poderon degustar diversos platos coa raza e en especial, a Galiña de Mos á sal. 

Foi un gran éxito.








A Galiña de Mos en Mesón do Vento

O 12 de mazo en Meson do Vento, na Festa do Lacón con Grelos e na súa exposición de razas autóctonas, participou a nosa criadora MariLuz de Granxa O Castiñeiro. Tamén participaron con varios exemplares da raza Cachena. As nosas mulleres das razas autóctonas traballando polo rural.


En Meira naceron poliños

O 23 de febreiro @s alumn@s do CEIP plurilingüe Poeta Avelino Díaz, de Meira, na provincia de Lugo, asistiron ao nacemento de poliños da nosa raza. Un galo e unha Galiña de Mos acompañaron á aula, ao criador Luis Fernández e ao veterinario Diego Rois, que conversaron cos rapaces e rapazas sobre a nosa raza e os seus métodos de cría.


Charla na Fonsagrada

 No IES Fontem Albei da Fonsagrada, no módulo de formación Agraria, impartimos unhas charlas de formación para os alumnos do módulo, interesados nas producións de cercanía.