Nacemento de poliños en San Sadurniño

O 8 de abril foi un día de sorpresa na Escola Infantil Municipal de San Sadurniño, onde naceu unha rolada de pitiños, saídos trala incubación feita no centro. Nesta ocasión só se lograron seis por causa dun fallo na incubadora. Porén, a constancia das mestras e das nenas e nenos virando á man os ovos de Galiña de Mos nas últimas tres semanas tivo a súa recompensa.