A Galiña de Mos en Expolugo o vindeiro fin de semana.

Os próximos días 3 e 4 de outubro deste ano, vaise celebrar en Lugo outra edición da feira EXPOLUGO. Con motivo desta oportunidade, celebrarase o III Concurso-Exposición Monográfico Provincial de Lugo da Galiña de Mos. Está patrocinado pola Deputación Provincial de Lugo e a Fundación Feiras e Exposicións de Lugo.
Tamén haberá desfile de gando o sábado a partir das 12 horas polo centro de Lugo, degustacións e outras actividades.

Estivemos na Feira do Poldro en Muras


O pasado sábado 26 de setembro estivemos na 38 Feira do Poldro e do Gando de Monte en Muras, na provincia de Lugo.
Houbo unha exposición de razas autóctonas, e alí estivemos repartindo material publicitario e dando información a todos os interesados.

Receta: Gallo de Mos asado al estilo de mi madre.

Hoxe presentámosvos unha fantástica receta de Rocío Garrido, do blog lacocinademiabuelo.
Galo Mos asado ao estilo da avóa.
Aquí se pode ver a preparación.

O galo Mos triunfa nas etapas da VUelta Ciclista.

Con motivo da celebración da Vuelta Ciclista a España, nas saídas das etapas e na zona vip, existíu unha zona de degustación de produtos, estando a marca E Para Comer Lugo, da Asociación de Hosteleros da Provincia de Lugo. Alí se promocionou entre outros o galo da nosa raza.
Tivo unha gran acollida, sorprendendo a calidade da súa carne.
O Director da Vuelta Ciclista, Javier Guillén acompañounos no stand de promoción na etapa en Luarca, na que estivemos co presidente da Asociación de Hosteleiros de Lugo.



A Galiña de Mos estivo de Feira en Ponteareas.

A Galiña de Mos estivo na IX Feira dos Remedios, en Ponteareas, o pasado 5 de setembro. Cos criadores Alejandro Collazo e Alvaro Rodríguez, de Mos. Unha Feira moi animada e con moitos visitantes.