En Xantar haberá un restaurante de razas Autóctonas.

A Federación de Razas Autóctonas de Galicia, estará en Xantar 2018 do 31 de xaneiro ao 4 de febreiro cun restaurante de Razas Autóctonas. Este será o menú, no que se inclue o teléfono para reservas. Tamén haberá un posto de Boaga onde  varios dos nosos produtores con marcas comerciais, exporán os seus produtos para promocionar ás nosas razas autóctonas.
O pasado mércores 24 de xaneiro foi presentado o evento: Faro de Vigo 

Receta con Guiso de Galo de Mos.

Grazas á colaboración do Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente, a canle de cociña Cocina Casera ben de facer unha receita diferente e moi ben explicada, elaborada con galo da nosa raza.
Pódese consultar aquí

En Fitur falouse da Galiña de Mos

En Fitur volveuse a falar da Galiña de Mos. Presentouse a Guía da Hostalería Lucense onde se fala de produtos da nosa raza. Tamén asistimos á presentación por parte de Martín Barreiro da campaña de Turismo da Deputación de Lugo, da que fumos colaboradores o pasado ano.
Neses días o restaurante Manolo, ofreceu unha degustación na que o galo Mos foi protagonista xunto co cordeiro da raza Ovella Galega.


Novo número da revista Autóctonas Galegas.

Xa está dispoñible un novo número da revista Autóctonas Galegas, o número 10. No menú lateral temos un enlace para poder acceder a este número e aos anteriores.