En Fitur falouse da Galiña de Mos

En Fitur volveuse a falar da Galiña de Mos. Presentouse a Guía da Hostalería Lucense onde se fala de produtos da nosa raza. Tamén asistimos á presentación por parte de Martín Barreiro da campaña de Turismo da Deputación de Lugo, da que fumos colaboradores o pasado ano.
Neses días o restaurante Manolo, ofreceu unha degustación na que o galo Mos foi protagonista xunto co cordeiro da raza Ovella Galega.