A Galiña de Mos cantou en Fitur

Con motivo da celebración da Feira Internaciona do Turismo-FITUR entre o 23 e o 27 de xaneiro en Madrid, asistimos á presentación da Guía da Hostelería da provincia de Lugo, invitados pola Asociación de Empresarios de Hosteleria da provincia de Lugo (APEHL). Tamén se celebrou unha degustación con produtos de calidade galegos no restaurante O Pazo de Lugo. Aproveitamos a visita para visitar a varios hostaleiros e mercados madrileños que xa están a coñecer a nosa raza.

A Galiña de Mos estará en Xantar.

A Galiña de Mos estará presente un ano máis no Salón Internacional de Turismo Gastronómico- XANTAR, do 6 ao 10 de febreiro. A Federación de Razas Autóctonas de Galicia-BOAGA, terá un stand onde se poderá obter información sobre as razas autóctonas galegas.
Este ano, tamén se poderán degustar pratos elaborados con produtos 100% Raza Autóctona, a través dun restaurante no que colabora Antonio Díaz, cociñeiro do Restaurante Andarubel, nas Fragas do Eume e o seu equipo, que serán os encargados de cociñar as excelentes propostas con produtos únicos e de calidade.
O teléfono de reservas para o restaurante é 722618600. O prezo e o menú pódese consultar na imaxe adxunta.

Do 21 ao 23 de febreiro celébrase a feira Abanca Cimag-GandAgro


A Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería,  Abanca  Cimag-   GandAgro, volverá reunir na súa terceira edición a todo o sector agrogandeiro. Será do 21 ao 23 de febreiro de 2019 na  Feira Internacional de Galicia  ABANCA, en Silleda (Pontevedra).
O seu parque expositivo será un auténtico escaparate ao servizo de agricultores e gandeiros. Contará con gran variedade de firmas, produtos e novidades de todos os ámbitos, entre outros, sanidade e hixiene animal, nutrición, fertilizantes e sementes, xenética, animal vivo, equipamento para agricultura e gandería, sistemas de  muxido, tractores e  motocultores, maquinaria de recolección e post-recolección, de preparación de chan; de semente e abonado; de protección de cultivos e rega, e para explotacións gandeiras, ademais de compoñentes e accesorios.
Contaremos cun stand da Federación de Razas Autóctonas de Galicia-BOAGA, con información publicitaria para todos os interesados das nosas razas autóctonas.



Aos colexios de Sada chegaron Galiñas de Mos.

Na Escola Flora Ramos e na Galiña Azul de Sada, chegaron exemplares de Galiña de Mos e de Ovella Galega o día dos Reis Magos. Eran unhas mascotas moi especiais. Si queres coñecer máis... pincha no seguinte enlace https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/sada/2019/01/08/galinas-mos-ovellas-galegas-ninos-sada/00031546937000409867817.htm

A Galiña de Mos estivo na feira de Sober.


O 28 de decembro celebrouse a II Feira Avícola de Sober, organizada pola Asociación de Avicultores da Ribeira Sacra. Participou o criador Gonzalo Rodríguez Lamblín. Celebrouse na praza do Toural de Sober.