A tapa de Galo Mos gañadora

A tapa de Galo Mos do Concurso de tapas de Castro de Riberas de Lea, resultou a gañadora. Esta tapa elaborada polo restaurante Río Lea, con produtos da Granxa Chousa do Lea, fixo as delicias do xurado profesional. Mái información aquí.

A Galiña de Mos de tapa en Castro de Riberas de Lea.

Os dous primeiros fines de semana de abril celébrase o concurso de tapas de Castro de Riberas de Lea, no concello de Castro de Rei, Lugo. O restaurante Río Lea ofrece unha excepcional tapa de Galo Mos, con produto procedente da granxa Chousa do Lea. As tapas pódense degustar en horario de 20 a 00 horas e custan 2 euros. A tapa é un roliño con carne de galo acompañado por unha representación dos produtos dos que se alimenta o galo
(foto José Zapata Sánchez)

A Galiña de Mos estivo na Moexmu.

A 34 edición da feira Moexmu, que se celebrou do 5 ao 7 de abril en Muimenta, no concello de Cospeito, provincia de Lugo, contou coa presenza da Galiña de Mos. A criadora Beatriz Canto Edrosa, do concello veciño de Castro de Rei, asistíu con varios lotes de exemplares. Tamén estivemos no posto da Federación de razas autóctonas de Galicia-BOAGA, ofrecendo información das nosas razas autóctonas. Pasaron pola feira 15.000 persoas, segundo datos da organización.

A Galiña de Mos estivo de feira en Verín.


Os días 6 e 7 de abril celebrouse en VERÍN a Feira Agrotecnolóxica Agro+Verín, no pavillón dos deportes da localidade Ourensana. Alí estivo o noso criador José Manuel Ramos Canabal, con venda de exemplares e información sobre a súa granxa e sobre a nosa raza.

Nacemento de poliños no colexio Quiroga Ballesteros de Lugo

No colexio Quiroga Ballesteros de Lugo, o pasado venres 29 de marzo foi un día especial. Todos os alumnos asistiron ao nacemento de 12 poliños da nosa raza e aprenderon durante tres semanas o ciclo de incubación das aves e as peculiaridades da Galiña de Mos. Os profesores aproveitaron para implicar aos peques en actividades relacionadas coa avicultura.


Novas Xornadas Gastronómicas en Lugo.

No Restaurante Pulpería Aurora de Lugo, entre o 1 e o 15 de abril, celebranse unhas novas Xornadas cos produtos da raza Galiña de Mos. Destacan as carnes do galo e tamén, elaboracións con ovos de Galiña de Mos. 



Estivemos en Magreco.


En Boimorto, celebrouse durante os días 30 e 31 de marzo a Feira de maquinaria agrícola e produtos ecolóxicos, que contou cunha mostra de razas autóctonas. Alí estivo a Galiña de Mos representada.

Concurso de Galiñas Portuguesas

O 28 de marzo asistimos en Braga, Portugal, á feira AGRO, na que se celebrou o Concurso de Razas de Galiñas Portuguesas, invitados polas asociacións do noso país veciño. Alí puidemos ver o excelente traballo de conservación e divulgación das catro razas de galiñas autóctonas de Portugal, que fai poucos anos estiveron a piques de desaparecer.