Vídeo da Deputación de Lugo sobre as nosas razas autóctonas.

Presentámosvos un vídeo elaborado pola Fundación TIC da Deputación de Lugo, sobre as nosas razas autóctonas e o traballo da Federación Razas Autóctonas de Galicia-BOAGA. Agrademos o apoio  Deputación de Lugo, que este ano debido a non poder realizarse a feira Expolugo, participou na promoción das razas autóctonas galegas e os seus produtos. A nosa raza é unha boa protagonista deste vídeo que vos vai a gustar.




Galo de Mos con mel.

 O Programa da Televisión de Galicia "Quen anda aí?" do 11 de marzo, contou coa presenza do cociñeiro André Arzúa, que cociñou unhas peitugas de Galo da nosa raza con Mel de Galicia. O galo foi proporcionado por granxa Pitagudín, de Vila de Cruces. Pódese ver a partir do minuto 33.20 no seguinte enlace: https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa-246-4865038?t=2800

20 aniversario de Avimós.

 O 12 de febreiro de 2001 fundouse a Asociación de Avicultores da Raza Galiña de Mos-AVIMOS.

Parabéns a todos os que nalgún momento formamos parte desta gran familia.

Na seguinte enlace, pódese ver unha reportaxe do xornal El Progreso de Lugo, sobre a nosa asociación. Pulsar aquí

Gravación dun vídeo da Deputación de Lugo.

 O 14 de xaneiro asistimos á gravación dun vídeo da Fundación Tic, dependente da Deputación de Lugo, sobre as nosas razas autóctonas. A raza protagonista foi a Galiña de Mos, na granxa do criador José Zapata, de Chousa do Lea. Participaron tamén o Presidente de Avimós e Directivo da Federación de Razas Autóctonas de Galicia - BOAGA, Francisco Monasterio e tamén, o Director Técnico da nosa asociación, Diego Rois.