Estivemos na feira Cimag Gandagro


A Galiña de Mos estivo na feira Cimag-GandAgro que se celebrou entre o 19 e o 21 de febreiro en Silleda. Foi visitada por máis de 21.000 visitantes

Foi unha feira con moitas visitas de tipo profesional, na que se presentou un lote de exemplares da nosa raza, se fixeron moitos contactos e repartíuse abundante información sobre a raza. Estivemos co resto de asociacións integradas na Federación de Razas Autóctonas de Galicia-BOAGA.


A Galiña de Mos participará en GandAgro

Do 19 ao 21 de febreiro de 2015, celébrase en Silleda a Cimag-GandAgro 2015, unha feira de Maquinaria, Agricultura e Gandería, no que haberá xornadas técnicas, concursos e exposicións. Estaremos presente no stand de BOAGA xunto coas asociacións integradas, expoñendose un lote de exemplares da raza, onde se informará aos interesados.
Este certame é de tipo profesional e dispoñemos de entradas/invitación a disposición de todos os criadores, que se poden solicitar no noso teléfono 988205486.

Máis información en Cimag-Gandagro

A Galiña de Mos participou en Fitur

Grazas á invitación cursada pola Asociación de Hosteleros da provincia de Lugo, asistimos á presentación en Fitur da Guía da hostelería da provincia de Lugo E para comer Lugo 2015, onde aparece o Galo de raza Mos. A esta presentación asisitimos cos nosos amigos da Asociación de Criadores da raza Ovella Galega (Asovega). 
O restaurante madrileño O Pazo de Lugo fixo unha presentación para autoridades e hosteleiros de varios produtos galegos ofrecendo Galo Mos, tendo unha gran aceptación.