Arrancan de novo as incubacións nos colexios.

 O Punto de Atención infantil do concello de Valdoviño, foi o lugar onde un ano despois, retomamos o noso programa de incubacións nos colexios, para achegarlle aos máis pequenos as características da nosa raza e a través dunha incubadora, observar o nacemento dos poliños. O día 19 de abril puxemos en marcha a incubadora. Que teñamos sorte!!




A Feira Semana Verde de Galicia trasládase a setembro.

A feria Abanca Semana Verde manténse en 2021, trasladando as súas datas para celebrar unha edición especial do 3 ao 5 de setembro. Desde a organización nos trasladan o seu interés en celebrar neste ano unha feira, en formato máis reducido e sempre, que as condicións sanitarias o permitan.
Manterémosvos informados.
Máis información aquí.

Asistimos a un encontro coa Deputación de Lugo.

A área de Medio Rural, do Mar e Mocidade da Deputación de Lugo reuniu o 9 de abril, ás asociacións agrogandeiras máis importantes da provincia, ASOPORCEL – Asociación de criadores de raza porco celta; BOAGA – Federación de Razas Autóctonas de Galicia (onde se atopa integrada AVIMÓS), OVICA – Asociación de criadores de ovino e caprino de Galicia e PURAGA – Asociación de Criadores de Cabalo de Pura Raza Galega,nun acto organizado no Museo Vivo e Integrado do Campo e a Locomoción Agraria (Muvicla)no Concello de Láncara, no que se fixo balance das iniciativas emprendidas conxuntamente durante o último ano para paliar o impacto da crise sanitaria no sector.
Alí estivemos intercambiando experiencias enriquecedoras para o rural galego.