SEMANA VERDE 2018


Do 7 ao 10 de xuño deste ano vaise celebrar unha nova edición da Feira Internacional Semana Verde de Galicia,  no recinto Feiral de Silleda.
A Galiña de Mos contará con moitas actividades:
 5º CAMPIONATO GALEGO DA RAZA GALIÑA DE MOS.
Este campionato estará dividido en tres certames no que as nosas aves poderán participar en concurso por lotes ou en concurso individual.
v   7ª EXPOSICIÓN E CONCURSO POR LOTES DE GALIÑA DE MOS – SEMANA VERDE 2018 
v   XI CONCURSO MONOGRÁFICO DA GALIÑA DE MOS. 
v   5º Concurso “A GALIÑA DE MOS E OS SEUS POLIÑOS”. 
No Salón da Alimentación do Atlántico – SALIMAT (pavillón nº 1) haberá de novo un espazo adicado ás razas autóctonas denominado “De Nós para Vós” con exposición e venda de produtos das razas.
DEGUSTACIÓN de razas autóctonas a prezos populares durante os catro días da feira no restaurante “TapiRazas”, no pavillón nº1, onde presentaremos degustacións con carnes e ovo da nosa raza.
- MERCADO  DE AVES VIVAS con presenza de varios criadores que presentarán aves para a venda.
Máis información Semana Verde de Galicia

Asamblea de Avimós o 25 de maio.


A ASAMBLEA XERAL ORDINARIA 2018 da Asociación de avicultores da raza Galiña de Mos-AVIMÓS  celebrarase na sede da asociación (Pazo de Fontefiz, Coles -Ourense) o venres 25 de maio, ás 12:30 horas en primeira convocatoria e ás 13:00 horas en segunda convocatoria.

Ademáis neste ano 2018, celebraranse todas as asambleas de socios das asociacións de criadores de razas autóctonas o mesmo día e seguidamente, haberá un xantar ao que están invitados todos os criadores. É obrigatorio confirmar asistencia ao xantar.

A Galiña de Mos estivo en Sarria.

Na feria de San Isidro de Sarria os días 12 e 13 de maio, estivemos coa Galiña de Mos apoiando aos criadores Roberto Raposo e Sandra López que con presenza de animais vivos e degustación de produto fixeron unha destacada promoción da nosa raza e os seus produtos.

Arranca unha nova incubación, en Pontevedra.

No colexio Barcelos de Pontevedra puxemos unha nova incubadora o pasado día 10 de maio. Pronto haberá novas.
O xornal Diario de Pontevedra xa está a seguir a noticia. Ver aquí

Unha criadora de Galiña de Mos no programa Cos Pés na Terra.

Sandra López, criadora de Galiña de os do concello de Láncara, saíu no programa Cos Pés na Terra da televisión galega, falando da raza e da súa granxa Aeiroá.
O programa pódese ver na seguinte enlace: Cos Pés na Terra

En San Sadurniño naceron poliños de Galiña de Mos.

Os primeiros días de maio naceron na Escola Infantil A Rolada, no concello de San Sadurniño, 13 poliños da nosa raza trala incubación de 18 ovos durante 21 días. O día de nacemento dos polos asistimos cun galo e unha galiña para explicarlles aos rapaces o proceso de incubación e cría das nosas aves. 
Quedaron encantados.
A prensa de Ferrol fixo unha reportaxe que se pode ver aquí



A Galiña de Mos estivo na feira da Tenreira Galega en Láncara.

As delicias da Galiña de Mos, estiveron presentes en Láncara na Feira da Tenreira Galega que se celebrou o 1 de maio. Da mán de granxa Aeiroá se fixo unha degustación con productos da Galiña de Mos, con mini hamburguesas de Galo de Mos,  empanada de Galo Mos e tortilla con ovos de Galiña de Mos. Tamén houbo presenza de aves vivas.

A Galiña de Mos estivo na Festa do Champíñón en Ordes.

As criadoras Mari Luz Gómez, de Ordes e Cruz Grille, de Tordoia, estiveron na Festa do Champiñón de Ordes, que se celebrou o 28 e 29 de abril na mesma localidade da provincia da Coruña. Foi unha feira visitada por 30.000 persoas.



Nova incubación en Lugo.

Os nenos de infantil do CEIP Menéndez Pelayo de Lugo desfrutaron do nacemento de poliños da nosa raza. Achegamos á aula un galo e unha galiña e falamos sobre a Galiña de Mos e a avicultura o día 27 de abril, momento no que os poliños xa estaban con gañas de marchar ao seu novo galiñeiro. Unha fermosa experiencia.

Varios restaurantes destacan estos días os produtos de Galiña de Mos.

O restaurante Pampín en Santiago de Compostela, o restaurante Silabario en Vigo, o restaurante Nova en Ourense e moitos máis están a destacar nestes últimos días as cualidades dos produtos da nosa raza con presentacións en moitos dos casos novidosas. Unha aposta polo noso, o SABOR DE RAZA.

 Reportaxe restaurante Nova.
foto: Restaurante Silabario
Foto: Restaurante Pampín.

Remataron unha exitosas Xornadas do Galo Mos.

Remataron na Pulpería Aurora de Lugo unhas novas xornadas do Galo Mos. O galo guisado tivo un espectacular éxito, ademáis doutras preparacións con ovo de Galiña de Mos.
Os nosos produtos cada vez máis recoñecidos.