A Galiña de Mos estivo na Feira de produtos do campo en Lugo.

Na praza Agro do Rolo, no barrio da Milagrosa, en Lugo, celebrouse entre o 23 e o 25 de maio  a Feira de Artesanía e produtos do Campo, dentro da celebración do San Isidro. Alí estivemos co criador Jorgue Anguez, de Triacastela, que tamén é criador da raza Cachena. Repartíuse abundante información sobre as razas autóctonas.

A nosa raza estivo na presentación do Menú das Cooperativas de Galicia


O 19 de maio celebrouse na Cidade da Cultura unha presentación do Menú das Cooperativas de Galicia, que se ofrecerá durante o mes de xuño en varios restaurantes galegos. A Cooperativa Vicogalo, con David Sueiro e a súa marca Galo Celta estiveron presentes. Presentouse un recetario cos menús elaborados no que aparecen dúas receitas con Pularda da raza Mos e outra con Galo.


 No recetario aparecen preparacións con pularda da nosa raza, que tamén se poden facer con galo.

O Restaurante O Castillo en Vimianzo, propón Galo Mos.


O Restaurante O Castillo en Vimianzo, enfrente ao castelo medieval, ven de introducir na súa carta o Galo Mos, preferentemente por encarga. Outro lugar emblemático para degustar este manxar. As aves son proporcionadas pola granxa artesá O´Agro

A Taberna O Lagar en Eiras anímanos a probar as súas preparacións co Galo Mos

A Taberna o Lagar en Eiras (http://www.lagareiras.com/) situada en Picóns de Arriba, Eiras, no concello do Rosal (Pontevedra) ten diversas preparacións co galo da nosa raza. O seu propietario José Miguel Martínez, é criador da raza e no seu restaurante estes días podemos probar un suculento "Rolo de Galo de Mos".

O Restaurante Aurora, en Lugo celebra unhas Xornadas do Galo Mos

O restaurante-pulpería Aurora do Carballiño, en Lugo, celebra unhas Xornadas do Galo da nosa raza. O restaurante está ao carón da Estación de autobuses de Lugo. 
As aves son proporcionadas pola granxa artesá Chousa do Lea e as xornadas celebraranse entre o luns 12 de maio ata o 25 de maio.                                 (Anuncio do xornal "El Progreso")

A Feira de San Isidro de Pol contou coa Galiña de Mos

A XV Feira de San Isidro celebrada o 10 e 11 de maio na carballeira de Mosteiro, no concello de Pol, provincia de Lugo, contou con exemplares da nosa raza. O criador do mesmo concello, Luis Freire presentou varios exemplares, estando acompañado polo criador José Barreira, de Muimenta. A feira estivo moi animada. 
A organización, A Asociación de Mulleres Rurais Olvido, sorteou dúas parellas de Galo e Galiña de Mos.
 Imaxe das premiadas no sorteo de dúas parellas de Galo e Galiña de Mos.

A Galiña de Mos estivo en Riotorto

O criador Luis Fernández estivo no mercado estacional de Riotorto, na provincia de Lugo, celebrado o domingo 11 de maio, asistindo con varios exemplares e ovos que se puxeron á venda.

O Bar Cotá en Lugo, organiza unhas Xornadas do Galo Mos

O bar Cotá, na praza da Soidade, en Lugo, está a organizar unhas Xornadas sobre o Galo da raza Mos, que se sirve durante os fins de semana ata agotar as existencias. Están tendo un gran éxito, quedando xa poucas unidades. 
Os galos son proporcionados polo criador Salvador Mato, de Lugo.

Dous criadores preséntannos as súas granxas artesanais e as súas páxinas web.

O criador Javier Álvarez Cela, de Becerreá, na provincia de Lugo preséntanos a súa granxa "Campo da Lanza" e a súa web www.campodalanza.es

Tamén Cristian López Montaña,  de Paredes, preto de Lugo capital, invítanos a coñecer a súa granxa "Finca LM" e a súa web www.fincalm.es.
Engadimos enlaces para unha rápida localización, na barra lateral das páxinas dos criadores.

A Galiña de Mos estivo na Festa da Filloa de Muimenta.


A edición deste ano da Festa da Filloa, que se celebrou en Muimenta (Lugo) o 1 de maio, contou con exemplares de Galiña de Mos. Os criadores José Barreira, da Granxa Lar do Acivro de Muimenta e Luis Fernández, de Riotorto (www.fleire.com) presentaron varios galos e galiñas da nosa raza, nun pavillón xunto ao campo onde se celebraron as actividades principais. A festa foi moi concurrida e houbo moitos interesados.