A Galiña de Mos estivo en Alfoz.

Con motivo da Feira do Trece, que se celebrou en Alfoz o pasado 15 de xuño, o criador Pablo Val asistíu cos seus exemplares.

Estivemos asesorando en Portugal

Con motivo da Feira Internacional de Agricultura de Santarém, en Portugal, celebráronse unhas xornadas sobre razas de galiñas autóctonas de Portugal, onde o xuíz da Galiña de Mos, Juan Ínsua, falou sobre a comercialización da nosa raza.

Moitas actividades en Salimat

No Salón da Alimentación do Atlántico (Salimat), participaron un ano máis varios dos nosos criadores expoñendo os seun produtos e presentando as súas marcas. Unha actividade que ano a ano ten un importante impacto publicitario. As granxas con  Galiña de Mos que participaron foron Aves do Concello, Chousa do Lea, A Eiroá, Cruz Grille, A Granxa de Lola, Tras do Río, Cachenas de San Breixo, Cachenas de Pantón e Castro de Madrosende. Tamén o restaurante Tapirazas estivo cheo un ano máis.
No seguinte enlace podemos ver un interesante vídeo do programa Labranza: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/labranza_pgm_1521-4139495?fbclid=IwAR3q9xEjwhSsZA-_gu62c1KDFaF4Su76hWpBzLMfwLjvp5R2btUaYcApWJU









Resultados do Campionato Galego da raza Galiña de Mos.


No 12º Concurso Monográfico, na categoría de galos:
1º PREMIO: galo pertencente a María Luisa Canicoba Pacheco de Teo, A Coruña.
2º PREMIO: galo pertencente a Alejandro Collazo Casal, de Mos, Pontevedra.
3º PREMIO: galo pertencente a María Rebeca Yáñez Candamil, de Ortigueira, A Coruña.
Na categoría de galiñas:
1º PREMIO: galiña pertencente a José Zapata Sánchez. De Castro de Rei , Lugo
2º PREMIO: galiña pertencente a Lourdes Mulet Abeledo, de Lalín, Pontevedra.
3º PREMIO: galiña pertencente a -Álvaro Rodríguez Rodríguez. de Mos, Pontevedra.

No 8º Concurso por lotes:
1ºPREMIO: lote pertencente a Lourdes Mulet Abeledo, de Lalín, Pontevedra.
2ºPREMIO: Lote pertencente a Oscar Miranda Gómez de Castro de Rei, Lugo
3º PREMIO: Lote de José Luis Freire Castedo. De Pol, Lugo.

No Concurso "A Galiña de Mos e os seus poliños"
1º PREMIO: Alejandro Collazo Casal, de Mos, Pontevedra.
2º PREMIO: Mari Luz Gómez Fernández, de Ordes, A Coruña.
Na seguinte enlace podemos ver unha entrevista ao Director Técnico de Avimós: https://www.facebook.com/federacion.autoctonasgalegas/videos/374803979829683/UzpfSTU2NTc5ODE0MDIyMzUxODoxNTA5OTU5ODIyNDc0MDA3/


Moito movemento no mercado de aves vivas en Silleda.

Con motivo da Semana Verde de Galicia, celebrouse o tradicional mercado de aves vivas no que participaron 7 criadores. Houbo un importante número de aves vendidas durante os catro días de Feira.
 Gonzalo Rodríguez, de granxa Síos.
 Cruz Grille
 Beatriz Canto, de granxa As Minas
 Gervasio Mouro
 Mari Luz Gómez, de granxa O Castiñeiro
 María López, de Granxa Aeiroá
Mariña Grille

Xa está aquí a Semana Verde 2019.


Do 6 ao 9 de xuño celébrase a Feira Internacional Semana Verde de Galicia. http://www.semanaverde.es/


Moitas actividades temos preparadas coas razas autóctonas e coa nosa raza celebrarase:

·         6º CAMPIONATO GALEGO DA RAZA GALIÑA DE MOS Este campeonato estará dividido en tres certames no que os criadores de Avimós poderán participar coas súas aves en concurso por lotes ou en concurso individual:
-          8ª exposición e concurso por lotes de Galiña de Mos-Semana Verde 2019, no que participarán varios criadores con exemplares de toda España. Os lotes estarán formados de 3 galiñas e 1 galo.
-          XII Concurso Monográfico da Galiña de Mos, onde se exponen os mellores exemplares a nivel nacional.
-          5º Concurso “A GALIÑA DE MOS E OS SEUS POLIÑOS”, onde participarán lotes de galiña cos seus poliños. Este concurso pretende promocionar as galiñas da raza como nais para que o público poida observar a cría dos poliños naturalmente e non en incubadora. Preténdese que o concurso teña una proxección publicitaria máis que competitiva, polo que o público asistente será o encargado de seleccionar co seu voto os mellores lotes.

- MERCADO DE AVES VIVAS: existirá un mercado de aves vivas montado un ano máis en colaboración coa Fundación Semana Verde de Galicia. Poranse á venda exemplares da raza Galiña de Mos no que participarán varios produtores da Asociación de Avicultores da raza Galiña de Mos-Avimós.
DEGUSTACIÓNS.
- PRESENTACIÓN DE MARCAS.
-VENDA DE PRODUTO... 
e moito máis.

Na feira de San Isidro de Sarria participou a Galiña de Mos.

En Sarria, os pasados días 18 e 19 de maio, celebrouse a feira de San Isidro. Participou con aves vivas o criador Roberto Raposo e tamén, ofrecendo unha degustación de produto, Sandra López, de granxa Aeiroá.