Moitas actividades en Salimat

No Salón da Alimentación do Atlántico (Salimat), participaron un ano máis varios dos nosos criadores expoñendo os seun produtos e presentando as súas marcas. Unha actividade que ano a ano ten un importante impacto publicitario. As granxas con  Galiña de Mos que participaron foron Aves do Concello, Chousa do Lea, A Eiroá, Cruz Grille, A Granxa de Lola, Tras do Río, Cachenas de San Breixo, Cachenas de Pantón e Castro de Madrosende. Tamén o restaurante Tapirazas estivo cheo un ano máis.
No seguinte enlace podemos ver un interesante vídeo do programa Labranza: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/labranza_pgm_1521-4139495?fbclid=IwAR3q9xEjwhSsZA-_gu62c1KDFaF4Su76hWpBzLMfwLjvp5R2btUaYcApWJU