Unha tapa con Galo Mos gaña o I Concurso de tapas de Castro de Riberas de Lea

En Castro de Riberas de Lea, no concello de Castro de Rei, Lugo, organizouse o I Concurso de tapas entre os días 15 e 21 de novembro. O primeiro premio do xurado profesional foi para a tapa "Saquiño de Galo de Mos con puré de castañas e pataca confeitada", elaborada polo restaurante Río Lea. 
Noraboa.
Máis información: Xornal El Progreso.

Cambio de número de teléfono

Como medida de aforro, damos de baixa o número de teléfono da asociación,o número 988205487. A partir de agora solo estará operativo o número 988205486, no que se recibirán as chamadas para todas as asociacións de criadores de razas autóctonas.

Un galo da raza Mos, mellor galo de raza española en Vegadeo

Os pasados días 16 e 17 de novembro, celebrouse na localidade asturiana de Vegadeo, a X Exposición Internacional de Avicultura "La Pinina". Desde fai uns anos esta exposición, é unha das exposicións avícolas máis importantes de España.
O primeiro premio en razas españolas, foi para un galo da nosa raza propiedade do criador de Avimós, José Luis Rodríguez Santamarina, de Trabada, Lugo. Noraboa.

Xornadas gastronómicas do Galo Mos en Castro de Riberas de Lea

Do 15 de novembro ao 8 de decembro celebraranse unhas novas xornadas do "GALO da RAZA MOS" no restaurante RIO LEA, en Castro Riberas de Lea, concello de Castro de Rei, Lugo. Os galos proceden da granxa "Chousa do Lea".
Bo proveito.

Este domingo en Como o da casa non hai... Galo da raza Mos.

O programa COMO O DA CASA NON HAI é un programa concurso da televisión de Galicia, que se emite os domingos ás 8 da tarde. En cada programa participan tres amantes da cociña, que mostran cadansúa receita tradicional transmitida de xeración en xeración. Iste domingo día 10 de novembro emítese o programa que se gravou fai uns meses en Vilalba, no que participa un produtor de Galiña de Mos que fara un galo da nosa raza á cervexa... Lembrade, o domingo ás 20 horas. Poñemosvos unhas fotos do día da gravación.

Xornadas Gastronómicas do galo Mos en Outes (A Coruña)

Na Casa Perfeuto María, que está en Cabanamoura, no concello de Outes, na provincia da Coruña, celébranse unhas xornadas do Galo Mos ata final de ano. Os galos foron criados na granxa A Pataqueira, propiedade do criador Gervasio Mouro Ares, de Zas.
Máis información aquí.