Os ovos da Galiña de Mos foron protagonistas na inauguración do monte do Cotro.

Na inauguración do monte do Cotro, en Campolongo, no concello de Negreira, houbo unha degustación de produtos locais organizada polo GDR Terras de Compostela. Os criadores de Galiña de Mos do concello de Val do Dubra, promocionaron o ovo da raza. O restaurante O Brañon, de Bembibre, elaborou unhas tortillas de pataca con ovo de Galiña de Mos.
Houbo un grande interés polos produtos da raza, nunha xornada moi animada.


O Galo Mos volve á Vuelta Ciclista a España.

Un ano máis os produtos da Galiña de Mos promocionaranse nas saídas da edición da Vuelta Ciclista a España. Grazas á Asociación Provincial de Empresarios da Hostelería de Lugo, que fará promoción de varios dos produtos galegos de calidade, o Galo Mos poderase degustar na zona VIP nas cidades de onde parte a etapa de cada día. Á presentación da campaña asistimos cos nosos amigos de Asovega, a Asociación de criadores da raza Ovella Galega, que tamén participa no evento. Máis información: E para comer Lugo

O xurado do concurso de tapas de Lugo degustou Galo Mos

O xurado do concurso de tapas da provincia de Lugo, celebrado nos meses de xullo e agosto en diversos restaurantes da provincia, escolleron os premiados degustando Galo Mos no resturante Mazo de Santa Comba. Os asistentes alabaron as cualidades do noso producto.
O xurado estivo formado polos expertos Quique Rodríguez, editor xefe e asesor gastronómico do portal Gastronomicum.net, ademais de ser un afamado chef en Madrid, por Bárbara Buenache, chef executiva da cadena Sushimore e presidenta da Federación de Cociñeiros e Reposteiros da Comunidade de Madrid, Cristina Martínez "garbancita", divulgadora gastronómica en medios especializados e editora da web http://garbancita.blogspot.com.es/ e Rocío Garrido, editora do blog "lacocinademiabuelo" e autora do libro Cociñando coas razas autóctonas.

A Galiña de Mos estivo en Samos

Os pasados 8 e 9 de agosto celebrouse en Samos, provincia de Lugo, unha Feira de Artesanía na que houbo exposición de produtos artesanos, actividades tradicionais como a malla de cereais e bailes tradicionais. Contouse coa participación de exemplares da nosa raza, presentados polo criador Roberto Raposo, do concello de Pedrafita.