Desmontando o mito do colesterol do ovo.

Video MOI INTERESANTE do Doutor arxentino Daniel López Rosetti, onde se explica claramente a mentira sobre o colesterol do ovo. O ovo estivo erróneamente demonizado por parte da medicina humana durante anos, xa que se creía que incrementaba o nivel de colesterol, demostrándose actualmente que non é así. O ovo é un dos alimentos existentes na natureza con maiores propiedades nutritivas.

A Galiña de Mos estivo no Arde Lucus.

No Arde Lucus, festa que se celebrou en Lugo entre o 30 de xuño e o 2 de xullo, no Castro da Asociación A Castronela, ao carón da Estación de autobuses de Lugo, estivo un lote de exemplares da nosa raza xunto a un lote de leitóns de Porco Celta. Neste espazo recreouse a vida dos castrexos e os seus costumes.

Xornadas na parrillada Fonte, cociña á brasa.

Na parrillada Fonte, cociña á brasa, situada na estrada nacional VI de Outeiro de Rei, Lugo, celebráronse entre o 1 e o 3 de xullo, unhas xornadas de degustación de produtos da nosa raza, coincidindo coa feira de artesanía da localidade. Foron organizadas polo propio restaurante en colaboración coa granxa Chousa do Lea.

A Galiña de Mos estivo en Outeiro de Rei.

O día 1 de xullo estivemos en Outeiro de Rei, na Feira de Artesanía da localidade. José Zapata, da granxa Chousa do Lea, fixo promoción da súa granxa e da raza.

No CPI Monte Caxado das Pontes naceron poliños de Galiña de Mos.

Nos primeiros días do mes de xuño, no CPI Monte Caxado das Pontes, procedeuse á incubación de poliños da nosa raza. O día 15 de xuño, día de nacemento, aproveitamos para das unha charla sobre a nosa raza e sobre as características do proceso de incubación, nacemento e cría dos polos.
Asistiron os alumnos de todo o colexio, podendo ver un galo e unha galiña vivos.