Remataron outras exitosas xornadas da raza Mos.

No mes de febreiro celebráronse no restaurante o Forno de Tovar, situado no precioso Pazo de Tovar, en Lourenzá, unhas xornadas gastronómicas da nosa raza que foron dunha gran calidade. O cociñeiro Jorge López elaborou unhas suculentas preparacións como se poden ver nas seguintes fotografías. As xornadas foron organizadas pola granxa Chousa do Lea. (As imaxes que se ven a continuación pertencen ao criador José Zapata Sánchez e se poden consultar na súa páxina de facebook).










A Galiña de Mos participou na degustación do CIFP Carlos Oroza

O Centro Integrado de Formación Profesional Carlos Oroza de Pontevedra, celebrou o 22 de febreiro unha xornada de degustación e exaltación dos produtos galegos con denominación de orixe ou ben, outras marcas de calidade como "100% raza autóctona Galiña de Mos". Os alumnos, que teñen estudos relacionados co sector da hostalería, programaron diversas receitas cos produtos, axudando desta maneira ao seu aprendizaxe na cociña. Estes alumnos familirízanse desta maneira cos produtos da Galiña de Mos, tendo en conta que próximamente estarán nos locais de hostalería galegos.


No CEIP O Couto naceron poliños.

No CEIP O Couto de Ourense, naceron poliños da raza Galiña de Mos fai uns días. Con motivo do nacemento destes polos, achegamos á aula un galo e unha galiña da nosa raza, aproveitando para darlles aos alumnos unha charla sobre a Galiña de Mos e sobre a avicultura en xeral. Outra experiencia moi agradable e positiva.

A Galiña de Mos estivo no Mesón do Vento


Con motivo da celebración en Mesón do Vento, no concello de Ordes, da Festa do Lacón con Grelos, os días 23 e 24 de febreiro, celebrouse unha exposición de gando na que participaron as criadoras de Galiña de Mos, Mari luz Gómez e Cruz Grille.



Estivemos en Cimag-GandAgro

Vimos de participar na feira Cimag-GandAgro, que se celebrou no recinto da Fundación Semana Verde de Galicia, en Silleda. Aproveitamos a visita do Conselleiro do Medio Rural para expoñer a situación das nosas razas autóctonas e os posibles avances que se poden facer a curto prazo.



Esta semana celébrase a feira Cimag-GanAgro

A III Feira profesional de maquinaria, agricultura e gandería, que se celebra no recinto de Silleda do 21 ao 23 de febreiro, e unha feira de caracter profesional á que asistiremos cun posto todas as razas autóctonas galegas, no que ofreceremos información aos interesados.
Pódese descargar a entrada pinchando aquí.

Gran éxito das nosas razas en Xantar.

O Salón Internacional de Turismo Gastronómico-XANTAR que se celebrou en Ourense do 6 ao 10 de febreiro, contou con ampla presenza das razas autóctonas. A Federación de Razas Autóctonas de Galicia-BOAGA, tivo un restaurante cun menú feito a partir de produtos das nosas razas. De Galiña de Mos degustouse empanada de galo e flan con ovo da nosa raza. O restaurante obtivo o premio ao mellor da feira.

 Tamén houbo unha demostración de cociña feita por David, o cociñeiro do restaurante Pazo de Canedo, de Ourense, que estivo acompañado polo criador "Pepe Vilachá" da granxa O Seara. Presentaron os produtos da raza falando das súas características.

Un lote de poliños naceron en Cambados.

No CEIP San Tomé de Cambados, naceron poliños da nosa raza. O pasado venres 8 de febreiro impartimos varias charlas aos 400 alumnos do colexio, onde se desenvolveu unha experiencia de incubación de polos da raza Galiña de Mos.




Outra ponencia formativa, en Sergude.

O 12 de febreiro impartimos outra ponencia formativa aos alumnos do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude, no concello de Boqueixón. A charla formativa foi sobre a Galiña de Mos, a avicultura artesá e estratexias para a comercializacion das producións.

Impartimos unha charla no CIFP A Granxa

No Centro Integrado de Formación Profesional A Granxa, de Ponteareas, impartimos aos alumnos unha charla sobre a Galiña de Mos e a Avicultura Artesá. Folouse ademáis das características da raza de estratexias de comercialización, especilamente en circuitos curtos. Asistíu tamén unha nova criadora que lles explicou aos alumnos a súa estratexia comercial. 

Xornadas Gastronómicas en Lourenzá.

Do 7 ao 24 de febreiro vanse celebrar unhas novas Xornadas Gastronómicas con produtos da nosa raza, no restaurante O Forno de Tovar, en Pacio 1, Santo Tomé, Lourenzá, Lugo. As xornadas están organizadas pola granxa Chousa do Lea, que proporciona os produtos.

A Galiña de Mos estivo no Valadouro.


O sábado 2 de febreiro celebrouse a II Feira de Razas Autóctonas Galegas da mariña, no Valadouro. Aí estiveron os criadores da nosa raza Pablo Val, Francisco Monasterio e Luis Fernández.