Expo degustación en San Xiao de Mos

Celebrouse en San Xiao de Mos, Castro de Rei, Lugo, unha nova edición da xornada de exaltación da Galiña de Mos. Organizada polo concello de Castro de Rei e con gran protagonismo dos veciños da zona, xa que cinco deles criaron os máis de 200 galos que se ofreceron na degustación. Quince criadores da comarca expuxeron galos, galiñas e poliños, un acto máis de promoción da nosa querida raza.
Si queredes consultar máis información podedes observar os seguintes enlaces da prensa escrita:



Tres restaurantes da zona prepararon racións con diversas preparación co galo e tamén ovos fritos.




II Exposición e Degustación da Galiña de Mos

Na parroquia de San Xiao de Mos, no concello de Castro de Rei, Lugo, vaise celebrar o 15 de xaneiro a II Exposición e Degustación da raza. Como sabedes, San Xiao de Mos é o lugar onde a raza tomou o seu nome aló polo ano 1936. A inicitaiva dos criadores da zona está a provocar o impulso desta xornada degustativa da raza.