II Exposición e Degustación da Galiña de Mos

Na parroquia de San Xiao de Mos, no concello de Castro de Rei, Lugo, vaise celebrar o 15 de xaneiro a II Exposición e Degustación da raza. Como sabedes, San Xiao de Mos é o lugar onde a raza tomou o seu nome aló polo ano 1936. A inicitaiva dos criadores da zona está a provocar o impulso desta xornada degustativa da raza.