Galo Mos con ortigas.

O cociñeiro do Parador de Vilalba Angel Campos, proponnos unha interesante receita de filloas recheas galo da nosa raza con ortigas e queixo de San Simón da Costa. Agora que as ortigas comezan a estar de moda na cociña, afamados cociñeiros convinan este produto da horta coas carnes de Galiña de Mos como podemos ver nesta receita publicada no xornal La Voz de Galicia.

Para ler a receita premer aquí.

Celebrouse unha nova edición da Feira do Galo de Curral de Vila de Cruces.

o domindo 29 de maio celebrouse unha nova edición da Feira do Galo de Curral de Vila de Cruces, na que houbo venda e exposición de exemplares. Neste ano notouse unha menor afluencia de participantes da raza Galiña de Mos, sendo maioritaria a comercialización de aves industriais rubias, aínda que con pouco volume de vendas. Houbo unha exposición de aves vivas de diferentes razas e o día anterior, preparáronse varios concursos e tamén unha carreira de galos, actividades organizadas pola cooperativa crugalo.
Maís información:
Faro de Vigo
La Voz de Galicia

Os produtos da Galiña de Mos presentes en Castrelo de Miño.

O 17 de maio, e co motivo da celebración do día das Letras Galegas de 2016 en homenaxe ao poeta Manuel María, o concello de Castrelo de Miño en Ourense, celebrou a presentación dunha mostra de produtos etiquetados en Galego. A esta mostra na que participaron distintas marcas de viños, mel, marmeladas , ovos e outros produtos, foi invitada a Asociación de Avicultores de Raza Galiña de Mos-AVIMOS, expoñendo algún dos produtos da raza etiquetados en Galego, así como diversa publicidade para facer promoción da raza e das súas producións.

Na presentación participaron o alcalde e a concelleira de Castrelo de Miño, así como Xosé González e Xosé Carballido pertencentes á Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros-Irgade, e da que Avimós é membro dende o ano 2013, por apoiar en campañas de divulgación na elaboración de publicidade e etiquetaxe en galego dos produtos agroalimentarios e por fomentar o consumo responsable, potenciando e publicitando os produtos derivados das razas autóctonas galegas.

Esta mostra de produtos estará exposta cara o público durante o verán, no Parque Náutico de Castrelo de Miño.

A Galiña de Mos estivo na feira de San Isidro de Rois.

O pasado domingo 15 de maio o criador Rafael Carbajales, da granxa Eo dos Menecos, presentou un lote de exemplares na feira de San Isidro que se celebrou no concello de Rois, provincia da Coruña. Foi unha feira moi animada e houbo moitos contactos con interesados na nosa raza.

A Galiña de Mos estivo na Feira de San Isidro de Sarria

O domingo 8 de maio o criador Roberto Raposo estivo na Feira de San Isidro de Sarria con exemplares da raza. Repartíuse moita información xa que foi unha feira moi visitada.

A Asociacion Gastronómica Vacaloura organizou unha degustación de Galo Mos.

A Asociación Gastronómica Vacaloura organizou o pasado 29 de abril en Vilares, Ponte Bora, concello de Pontevedra a primeira edición da Exaltación do Galo Mos, consistente nunha degustación de galo, con exemplares dos criadores Augusto Fontam, da granxa Finca IN-Dependencia e de Javier Riqueza, da granxa Finca O Eirado, ambas no concello de Pontevedra. O obxectivo foi o de promocionar na zona as virtudes das carnes do galo da nosa raza.





A Galiña de Mos estivo na Festa da Tenreira Galega

O pasado 1 de maio celebrouse a Festa da Tenreira Galega na Póboa de San Xiao, no concello de Láncara, provincia de Lugo. Con motivo da exposición de gando que se celebrou a criadora do mesmo concello, Sandra López presentou un posto con exemplares da nosa raza. Foron moitas as persoas que visitaron a feira e se interesaron pola Galiña de Mos.