Gran éxito da ExpoDegustación da Galiña de Mos.


A ExpoDegustación da Galiña de Mos, que se celebrou en San Xiao de Mos, concello de Castro de Rei, o 27 de outubro, rexistrou outro éxito, xa que se esgotaron os 1.000 menús postos á venda.

Tamén se celebrou o Concurso-Exposición Comarcal da nosa raza, que se ven celebrando desde fai dez anos.
Resultou gañadora unha galiña de Beatriz Canto Edrosa e un galo de José Zapata Sánchez, ambos criadores do concello de Castro de Rei. As aves foron xulgadas por D. Cástor Rivero, Director do Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia, da Xunta de Galicia.








Nova edición da ExpoDegustación da Galiña de Mos.

Xa temos data para a ExpoDegustación da Galiña de Mos que se celebra en San Xiao de Mos, no Concello de Castro de Rei, provincia de Lugo. Esperámosvos.

A nosa raza participou en Expolugo

A Galiña de Mos estivo presente na feira Expolugo, que se celebrou os días 5 e 6 de outubro no Pazo de Feiras e Congresos da cidade de Lugo. Participaron os criadores Luis Fernández, Alberto Fernández, Sandra López, Oscar Miranda e Francisco Monasterio.



A Galiña de Mos polo centro de Lugo.

Fermoso desfile gandeiro o que se celebrou polas rúas da cidade de Lugo, con motivo do inicio das festas do San Froilán. Alí estivo a nosa raza participando co resto das autóctonas.




Asamblea de Avimós

O pasado 27 de setembro celebrouse a asamblea xeral ordinaria da Asociación de Avicultores da Raza Galiña de Mos-AVIMÓS, no Pazo de Fontefiz. Tamén se celebraron as asambleas do resto de asociacións de criadores de razas autóctonas. Coincidindo con estes actos, aproveitouse para presentar a exposición Bestiarium, unha exposición fotográfica de razas autóctonas españolas cunha mirada totalmente diferente, realizada polo fotógrafo José Barea. 
Foi unha xornada de gran cofraternidade.