No PAI Valdoviño naceron poliños de Galiña de Mos.

No Punto de Atención Infantil do Concello de Valdoviño, naceron poliños da nosa raza. O día de nacemento os cativos estaban impacientes e desfrutaron moito coa experiencia. Posteriormente eles mesmos serán os encargadas de coidar dos poliños e vixiar o seu crecemento. 

A experiencia tivo repercusión na prensa, coma o artigo recollido en La Voz de Galicia



Novas Xornadas Gastronómicas

No Forno de Tovar, en Lourenzá, Lugo, desde o 13 de maio ata o 30 de maio, Xornadas Gastronómicas da raza Galiña de Mos. Organizadas pola granxa Chousa do Lea e o restaurante, chega un momento ideal para comezar de novo a desfrutar na hostalería das bondades dos produtos da nosa raza. 




Reportaxe sobre a nosa raza.

 O xornal Terra Chá Xá, fixo unha reportaxe sobre a nosa raza e criadores da comarca chairega.

Pódese ver
aquí

Un curso de formación visitou unha granxa de Galiña de Mos.

As Xornadas abertas organizadas polo Sindicato Labrego Galego na Terra Chá, contou coa visita a unha granxa de Galiña de Mos, a de Francisco Monasterio, en Vilalba. Alí durante 90 minutos establecimos cos  visitantes, unha conversa sobre a nosa raza e métodos de manexo na avicultura artesanal. Tivo repercusión a experiencia no xornal  El Progreso