Viladecruces celebrou a súa festa do Galo de Curral.

O domingo 27 de maio Vila de Cruces (Pontevedra) celebrou a súa XIX Festa do Galo de Curral. Os exemplares da raza Mos tiveron un destacado papel, habendo unha fermosa mostra de exemplares, nas diferentes fases da súa crianza. Tamén houbo vendas de canais e unha degustación, todo nunha xornada festiva e animada.

XIX Festa do Galo de Curral de Vila de Cruces

O domingo 27 de maio Vila de Cruces (Pontevedra) celebra a XIX Festa do Galo de Curral. Nos últimos anos a Asociación de criadores do Galo de Curral de Viladecruces-O Agro, está apostando pola crianza do seu produto coa nosa raza autóctona de galiñas, abandonando a produción con galos industriais. Actualmente están completando o proceso produtivo incrementando o número de exemplares, para poder acadar no curto prazo a totalidade da produción a partir da raza Mos. 
Con motivo da celebración desta festa de interés turístico de Galicia os criadores, en colaboración co Concello de Vila de Cruces,  organizan no Recinto Feiral unha mostra de exemplares desde o ovo ao galo.


A nosa raza en Riotorto

O domingo 13 de maio celebrouse en Riotorto, provincia de Lugo, o mercado de primavera de produtos ecolóxicos e de tempada. Nos últimos anos este concello lucense organiza un mercado en cada estación do ano para os produtores locais. Unha vez máis o criador de Galiña de Mos e de Ovella Galega, Luis Fernández, asisitíu a este evento.