1º monográfico da Galiña de Mos en Castropol

O fin de semana do 12 ao 14 de novembro celebrouse en Castropol, dentro da exposición de avicultura internacional un Monográfico da Galiña de Mos. A nosa raza participou con máis de 120 exemplares, en liñas xerais dunha boa calidade.
Un dos grandes triunfadores foi o criador de Xermade (Lugo) Juan Pernas, que acadou tanto o primeiro premio en galiñas como o de mellor criador, con exemplares inscritos a nome da súa muller, Sara González. Unha das galiñas de Juan proclamouse mellor galiña da exposición de Castropol, unha exposición na que participaron máis de 1.700 aves.
Outro dos triunfadores foi Luis Fernández, de Riotorto (Lugo), cun fermoso galo que acadou o primeiro premio.
O premio ao mellor lote da raza levouno Miguel Purriños, de Pontedeume (A Coruña).



VII Exposición Internacional de Avicultura de Castropol

Do 12 ao 14 de novembro vaise celebrar a VII Exposición Internacional de Avicultura de Castropol, Asturias.

Neste certame organizado polo concello de Castropol e pola asociación de amigos de la avicultura artesanal "La Pinina" vaise celebrar un monográfico da Galiña de Mos no que xa se inscribiron máis de 130 exemplares da raza.

Na web de "La Pinina" e buscando en "noticias", e pinchando en "generalidades" tedes información sobre a exposición.

IV Concurso Monográfico da Galiña de Mos

Do 2 ao 5 de outubro deste ano celebrouse en Lugo o IV CONCURSO-EXPOSICIÓN MONOGRAFICO DA GALIÑA DE MOS.

Como en anos anteriores fíxose no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, con motivo da celebración da feira EXPOLUGO 2010. Ao certame acudiron 25 criadores da raza que presentaron cada un entre tres e catro exemplares dunha boa calidade, especialmente na categoría de galiñas, onde as valoracións finais estiveron especialmente igualadas.
Recibíronse case 20.000 visitantes á feira.

Autoridades observando a exposición

Fíxose dentro do mercado gandeiro, vendas de poliños de entre un e tres meses, de catro criadores da raza, a todos os interesados, movéndose casi 300 poliños nos catro días que durou a feira.

Leváronse varias galiñas cos seus poliños que fixeron as delicias do público, especialmente dos mais pequenos.

Os gañadores foron, na categoría de Galos:
1º premio-galo propiedade de Alejandro Collazo, de Mos, Pontevedra.
2º premio-galo propiedade de Filomena Varela, de Outeiro de Rei, Lugo.
3º premio - galo propiedade de Álvaro Rodríguez, de Mos, Pontevedra.

Na categoría de galiñas:
1º premio-galiña propiedade de Miguel Verde, de Mos, Pontevedra.
2º premio-galiña propiedade de Mariña Grille, de Val do Dubra, A Coruña.
3º premio-galiña propiedade de Sara González, de Xermade, Lugo.


Nova páxina web dun criador de Galiña de Mos

O criador de Galiña de Mos Marcos Pichel Dávila convídanos a visitar o seu blog http://soutodeherville09.blogaliza.org/

Animamos a todos os criadores que teñan iniciativas tan interesantes que no lo comuniquen.

Poñemos un enlace permanente á súa páxina no menú lateral en páxinas web de criadores.



Foto: Soutodeherville

IV Concurso Monográfico da Galiña de Mos

Do 2 ao 5 de outubro deste ano vaise celebrar en Lugo o IV CONCURSO-EXPOSICIÓN MONOGRAFICO DA GALIÑA DE MOS.

Como en anos anteriores farase no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, con motivo da celebración da feira EXPOLUGO 2010.

Esperámosvos.

A Galiña de Mos admitida no proxecto Catata 2


A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) organismo dependente da Xunta de Galicia, está a desenvolver un proxecto denominado CANTATA 2 no que se pretenden promocionar as “rutas agroalimentarias de Galicia”, potenciando a desgustación cara ao turista da cociña local. (Si queredes ver información do proxecto podedes entrar na páxina web de agader http://agader.xunta.es e despois entrades no banner que pon cantata). Neste proxecto participan varios países europeos.

A Galiña de Mos foi admitida dentro deste programa, no que tamén se promocionarán principalmente o queixo, o mel, a castaña e as aves de curral criadas tradicionalmente.

Desde Agader, solicitan que todos os criadores de Galiña de Mos que estedes interesados en ceder os vosos datos para campañas publicitarias, que no lo fagades saber. A finalidade é que Agader poda proporcionar os datos dos criadores de cara a restaurantes, ou outros interesados, en comprar os produtos da nosa raza.

Este proxecto tamén contempla outro tipo de promoción como é as posibles visitas ás granxas, museos, etc. Si estades interesados nestas outras actividades vos podedes informar nesa páxina web, onde existen outros documentos de solicitude específicos.


Máis de 100.000 persoas na Semana Verde de Galicia

Gran éxito da Feira Internacional Semana Verde de Galicia, que se celebrou do 10 a o 13 de xuño e que foi visitada por 100.000 persoas, segundo datos da organización. Sen dúbida que a gratuidade da entrada atraeu a moitas persoas a desfrutar da nosa gandería Organizouse unha exposción-concurso de exemplares que foi xulgada por membros da Consellería do Medio Rural, D. Cástor José Rivero e D. Julio Feijoó, así como D. Julio Pérez por parte da Fundación Semana Verde de Galicia. Escolleron os tres mellores galos e as tres mellores galiñas que foron colocadas nun podium especial.
Os premiados foron:
Na categoría de Galos:
1º premio-galo propiedade de Álvaro Rodríguez Rodríguez, de Mos, Pontevedra.
2º premio-galo propiedade de Luis Fernández Fernández, de Riotorto, Lugo.
3º premio-galo propiedade de Carlos Durán Vázquez, de Ferrol, A Coruña.

Na categoría de Galiñas:
1º premio-galiña propiedade de Luis Fernández Fernández, de Riotorto, Lugo.
2º premio-galiña propiedade de Manuel Rodríguez Alonso, de Mos, Pontevedra.
3º premio-galiña propiedade de Miguel Verde Martínez, de Mos, Pontevedra. As autoridades seguíronse a interesar moito polo estado actual da raza, animando á nosa organización a continuar coa súa promoción. Na imaxe o Director do Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia, D. Cástor J. Rivero coméntalle ao Conselleiro de Presidencia, D. Alfonso Rueda, as características da raza en presenza de Dª Paloma Hidalgo, Directora Xerente da Fundación Semana Verde de Galicia e do presidente da Diputación de Pontevedra, D. Rafael Louzán

Paralelamente organizouse un mercado de venda de aves vivas, sendo a primeira vez que se celebra, resultando un rotundo éxito xa que se esgotaron os máis de 1.000 poliños que se puxeron á venda de entre un e tres meses de vida.

7.000 persoas na Feira do Galo de Curral de Viladecruces

O pasado 30 de maio celebrouse en Viladecruces a XVII edición da Festa do Galo de Curral de Viladecruces. Nos últimos anos Viladecruces apostou decididamente pola Galiña de Mos, e actualmente a produción de Galo de Viladecruces procede ao 50 % da Galiña de Mos.

A Asociación de criadores do Galo de Curral de Viladecruces- O Agro, está a espera de poder incrementar a produción para poder acadar no curto prazo a totalidade da produción da raza autóctona.

Nesta xornada festiva fíxose unha exposición de aves vivas na que participaron máis de 60 aves entre polos, galos e galiñas. Escolléronse os tres mellores galos, que foron valorados por xuíces da raza, resultando gañador un galo de Nicolás Castro Rodríguez, seguido dun de Florentino Varela Mato e o terceiro premio de Evaristo Rodríguez da Torre.

Houbo degustación de galo e venda de exemplares. A xornada foi moi concurrida e animada.



(foto de El Faro de Vigo)

1ª Exposición e Mercado da Galiña de Mos - SEMANA VERDE 2010

Un ano máis a Feira Internacional Semana Verde de Galicia celebra unha nova edición, e van 33.

Celebrarase do 10 ao 13 de xuño e a Galiña de Mos terá un destacado papel, xa que organizaremos unha exposición de exemplares adultos con 24 criadores participantes con cerca de 100 exemplares.

Pero a novidade principal será que durante o fin de semana, o sábado 12 e o domingo 13 celebrarase un mercado tradicional de venda de gando, no que se poderán adquirir exemplares de todas as nosas razas autóctonas, tendo a Galiña de Mos un papel destacado xa que se porán á venda cerca de 1.500 poliños da raza a partir dun mes de vida.

A ENTRADA É GRATUÍTA PARA TODO O PÚBLICO.

Animamos a todos os interesados nas nosas razas a visitarnos.


Excelente acollida do concurso da Galiña de Mos en Silleda

Con motivo da primeira edición de GandAgro, primeiro monográfico especializado en gandería e agricultura do noroeste peninsular, organizamos un concurso exposición que tivo unha excelente acollida entre o público en xeral e entre as autoridades.
Participaron 50 exemplares de 25 criadores dun gran nivel. Destacable foi a participación na categoría de galos, onde os exemplares acadaron altas puntuacións, proba da calidade das aves presentadas.O Conselleiro de Presidencia, D. Alfonso Rueda, observa os exemplares en presenza do presidente de Avimós, D. Francisco Monasterio, de Dª Paloma Hidalgo, Directora Xerente da Fundación Semana Verde de Galicia e do presidente da Diputación de Pontevedra, D. Rafael Louzán.

Os premiados foron,
Na categoría de Galos:
1º premio-galo propiedade de Arlindo Riveiro Rodríguez, de Vigo, Pontevedra.

2º premio-galo propiedade de Francisco Monasterio Solveira, de Vilalba, Lugo.

3º premio - galo propiedade de Marcos Pichel Dávila, de Mos, Pontevedra.

Na categoría de Galiñas:
1º premio-galiña propiedade de Dolores Mosteiro Costoya, de Melide, A Coruña.

2º premio-galiña propiedade de Luis Fernández Fernández, de Riotorto, Lugo.

3º premio-galiña propiedade de Álvaro Rodríguez Rodríguez, de Mos, Pontevedra.

I CONCURSO-EXPOSICIÓN DA RAZA GALIÑA DE MOS – GANDAGRO 2010

Do 4 ao 6 de marzo deste ano vaise celebrar o I SALÓN MONOGRÁFICO GANDEIRO E AGRÍCOLA – GANDAGRO 2010, no recinto Feiral de Silleda, un novo evento que se celebrará cada dous anos. Nesta mostra farase o I CONCURSO – EXPOSICIÓN DA RAZA GALIÑA DE MOS – GANDAGRO 2010.
As aves estarán instaladas no pavillón 1 da feira e admitiranse no concurso. Animamos a todo o mundo a que pase a visitar este concurso, no que esperamos un alto nivel de participación dos exemplares.

Exposición e degustación e San Xiao de Mos

O pasado sábado 16 de xaneiro, houbo unha moi concurrida degustación de galo da nosa raza na parroquia de San Xiao de Mos, no concello de Castro de Rei, provincia de Lugo. A carne dos galos estivo preparada de tres formas distintas, elaborada por tres restaurantes da zona. Asistiron 500 persoas e na exposición de galiñas, presentáronse 40 xaulas nas que varios criadores da comarca espuxeron varios galos e galiñas. Foi un día festivo e moi concurrido de xente moi animada polo acto feito na parroquia de onde a raza tomou o seu nome aló polos anos trinta.

Galo estilo ao alliño.

Exposición e degustación de Galo Mos

O vindeiro sábado 16 de xaneiro, haberá unha degustación de galo da nosa raza na parroquia de San Xián de Mos, no concello de Castro de Rei, provincia de Lugo.
A degustación está organizada polo concello de Castro de Rei e a asociación de veciños da parroquia, podendo consumir a carne dos galos que serán preparados polos restaurantes da zona. A degustación será a precios populares e contará cunha exposición de galos e galiñas da raza.