Achégase a ExpoDegustación da Galiña de Mos en San Xiao de Mos.

A XI ExpoDegustación da Galiña de Mos, que se celebraba antes da pandemia no pobo de San Xiao de Mos, no concello de Castro de Rei, provincia de Lugo, volta este ano.
Desgraciadamente non poderemos realizar a exposición de aves vivas, polas restricións existentes en Galicia pola gripe aviaria, estando prohibidas actualmente as concentracións de aves.
Haberá outras actividades e coma non, a degustación dos produtos da nosa raza.

 

Diversos traballos científicos sobre a nosa raza.

Entre os días 21 e 23 de outubro en Córdoba, celebrouse o XXII CONGRESO IBÉRICO DE RECURSOS GENÉTICOS ANIMALES SERGA/SPREGA e o XXIII SIMPOSIO IBEROAMERICANO CONBIAND, no marco do REGAD 2022 de Conservación da Biodiversidade Biolóxica e Cultural dos Recursos Xenéticos Animais para o Desenvolvemento Sostible, que por fin se puido celebrar despois de 4 anos.
Este é un importante congreso mundial no que se presentaron en varios traballos científicos os avances dos últimos catro anos coa Galiña de Mos, ademáis dos das outras razas autóctonas galegas.
Un bo escaparate para a promoción da nosa raza a nivel mundial.







Resultado do VII Concurso Monográfico provincial de Lugo da raza Galiña de Mos.

Os Resultados VII Concurso Monográfico provincial de Lugo da raza Galiña de Mos foron os seguintes. 
Categoría de galiñas: 
1°premio Luis Fernández Fernández (de Riotorto). 
2°premio José Zapata Sánchez (de Castro de Rei). 
3° premio José Luis Freire Castedo (de Pol). 
Categoría de galos: 
1°premio Beatriz Canto Edrosa (de Castro de Rei). 
2°premio José Luis Freire Castedo (de Pol). 
3°premio Gonzalo Rodríguez Lamblín (de Pantón). 

 Parabéns a todos!!!


Boa afluencia de público á feira Expolugo.

 A feira Expolugo vaise recuperando trala pandemia. Este certame enfocado cara as razas autóctonas vense celebrando desde o ano 2007 e este ano voltou con diversas actividades, entre as que destacou unha nova edición do Concurso Provincial da Galiña de Mos.











A Galiña de Mos paseou polo centro de Lugo.

O día 7 de outubro, celebrouse o DESFILE DE RAZAS AUTÓCTONAS POLAS RÚAS DE LUGO NO SAN FROILÁN, onde participaron Francisco J. Monasterio Solveira, Sandra López e Luis Fernández, coas razas Galiña de Mos e Ovella Galega. Houbo moita afluencia de público e foi un gran éxito o desfile.










Expolugo A Rural.

 Os próximos días 8 e 9 de outubro, celebrarase en Lugo unha nova edición da feira Expolugo a Rural. como anticipo o día 7 haberá unhas xornadas técnicas e tamén, ás 6 da tarde, desfile de gando polas rúas do centro de Lugo.

Realizarase o VII Concurso Monográfico Provincial da Raza Galiña de Mos, onde participarán criadores da provincia de Lugo.

O certame está patrocinado pola Deputación Provincial de Lugo. O 30 de setembro celebrouse a presentación do evento.




A Galiña de Mos estivo en Ponteareas.

 Con motivo da Feira Tradicional dos Remedios, celebrada en Ponteareas, os criadores da nosa raza Allejandro Collazo e Álvaro Rodríguez, ambos do concello de Mos, participaron expoñendo exemplares. 


Os produtos da Galiña de Mos participaron na Vuelta Ciclista a España.

 Con motivo da celebración da Vuelta Ciclista a España 2022, o posto da Asociación de Empresarios da Hostalería de Lugo (Apehl) coa súa marca "e para comer Lugo", participou dentro da zona privilexiada nas cidades de saída da etapa diaria. Alí estivo o galo da nosa raza, como produto cociñado polo servizo de cátering da Vuelta, xunto a outros produtos de calidade galegos.