Estivemos en Silleda

A Feira Internacional Semana Verde de Galicia celebrouse do 11 ao 14 de xuño, no recinto feiral de Silleda, sendo visitada por 55.000 persoas. Alí estivemos con dous lotes de Galiña de Mos e no stand do resto das razas autóctonas englobadas na Federación de razas autóctonas de Galicia-Boaga.

II MOSTRA DE GANDO DO PAIS. Bretoña, A Pastoriza, Lugo.

En Bretoña, no concello da Pastoriza, provincia de Lugo, celebrouse o pasado 7 de xuño a II Mostra de Gando do País na que se ubicou unha carpa na que houbo unha vistosa e moi concurrida exposición das razas autóctonas galegas estando presente a Galiña de Mos.

Entradas para Silleda

Este ano a Feira Internacional Semana Verde de Galicia celébrase do 11 ao 14 de xuño.
Temos entradas para todos os interesados polo que aqueles que as queiran que chamen á asociación para solicitalas.
Máis información sobre a feira aquí.

VILADECRUCES APOSTA POLA GALIÑA DE MOS

O prestixioso galo de curral de Viladecruces é un galo criado ata cerca dun ano de idade que é comercializado posteriormente tras ser sometido a unhas condicións de crianza totalmente naturais. Ten unha historia de dúas décadas de antigüidade e nestas datas celébrase a festa do galo de curral desta localidade da comarca do Deza. Nos últimos anos este produto elaborábase a partir da crianza de galos de estirpes rubias, de procedencia estranxeira, que son a gran maioría das existentes na nosa terra pero debido a que os promotores desta iniciativa desexan a maior calidade para a súa produción, actualmente o Galo de Curral de Viladecruces, do que se comercializan durante todo o ano centos de unidades, estase a producir a partir da Galiña de Mos, combinando a xenética de alta calidade cun método de produción natural e artesanal, obtendo desta maneira a máxima calidade.
O 31 de maio celebrouse a XVI edición da Festa do Galo de Curral, organizando Avimós e a asociación de produtores do galo de curral de viladecruces unha fermosa exposición de Galiña de Mos. Tamén houbo degustación e venda de exemplares recibíndose nesta xornada festiva máis de 10.000 visitantes.







A Galiña de Mos no mercado estacional de Riotorto.

Xa esta consolidado o mercado estacional das Rodrigas no concello de Riotorto, provincia de Lugo, onde en cada estación acude o criador de Galiña de Mos Luis Fernández cunha exposicion e venta de exemplares da raza. Os mercados celebráronse os días 1 de marzo e 24 de maio.