O GALO MOS

Ahí tedes un vídeo sobre a nosa raza e, en especial o galo, feito co acompañamento da canción do mítico grupo "Heredeiros da Crus" titulada "que jallo é". Os máis pequenos coñeceran esta canción xa que aparece no "Xabarín Club".
Esperamos que vos guste.


XX Exposición-Concurso Ciudad de Valls

Do 19 ao 21 de xaneiro de 2007, celebrouse na cidade de Valls, en Tarragona, a vixésima edición dunha das exposicións máis importantes do Sur de Europa, asistindo unha boa representación dos exemplares da nosa raza.
Destacaron os exemplares presentados polos criadores Edmundo Novoa, de Lugo, Germán Fraga, de Ferrol e Ramón Abella, de Valdoviño. Tamén participaron con exemplares de Galiña de Mos criadores doutras zonas de España, proba da expansión que están tendo as nosas aves.
A exposición contou tamén con diversos actos paralelos, con charlas técnicas e unha interesante ponencia do Xefe do Servizo de Gandería da Generalitat de Cataluña, Eduard Torres, e unha posterior mesa redonda, que tratou sobre a problemática que teñen os criadores das distintas zonas de España para a legalización das súas pequenas explotacións avícolas. Os representantes das diferentes asociacións presentes, en colaboración con diverso persoal de varias administracións autonómicas, decidimos que nos próximos meses estableceremos unha serie de contactos para acadar unha postura común para tratar esta problemática posteriormente co Ministerio de Agricultura, de cara ao establecemento dunha normativa estatal.

O criador Edmundo Novoa ao carón do seu lote de exemplares

O presidente de Avimós, Francisco Monasterio
observa varias das galiñas da nosa raza na exposición.

Diversas vistas da exposición.