Desbordante éxito da Expo Degustación de San Xiao de Mos.

1.000 persoas asistiron á Exposición e Degustación que se celebrou na parroquia de San Xiao de Mos, no concello de Castro de Rei, provincia de Lugo. Unha celebración que comezou fai anos grazas a catro entusiastas criadores da nosa raza e hoxe, está plenamente consolidada.
As previsións de asistencia foron batidas e foi un rotundo éxito. 
Organizouse unha exposición de aves vivas que contou coa participación de criadores da comarca da Terra Chá, entre outras actividades.
Degustáronse 200 galos da nosa raza en porcións e case mil ovos fritidos.
Grazas a todos.

O restaurante Pazo Canedo, en Ourense ofrece galo da nosa raza.


O xornal La Región, fíxolle unha entrevista a David Rodríguez, xerente do restaurante Pazo Canedo, en Ourense que xa ofrece galo Mos estofado. 
Outro restaurante que aposta polos produtos de calidade. Pódese ver a entrevista no seguinte enlace.

Expo Degustación da Galiña de Mos en San Xiao de Mos

O domingo 26 de outubro, a parroquia de San Xiao de Mos, no concello de Castro de Rei, Lugo, celebra no campo da festa unha nova exposición e degustación sobre a nosa raza.  
Organizarán un ano máis, o grupo de veciños e criadores en colaboración co concello de Castro de Rei, unha degustación que se servirá nunha carpa para preto de 1.000 comensais. 
Noutra carpa anexa haberá exposición de exemplares de Galiña de Mos, de criadores da zona e da comarca da Terra Chá, patrocinada polo concello de Castro de Rei en colaboración con Avimós, así como outras actividades.
Animamos a todos a asistir.

No programa Aquí Galicia da TVG estivo a Galiña de Mos.

O programa Aquí Galicia da TVG do sábado 11 de outubro, emitido en directo desde a cidade de Lugo, contou coa presenza dun galo da nosa raza levado polo criador Francisco Monasterio. Tamén estivo o criador José Barreira, pero neste caso cun leitón de Porco Celta, raza que tamén cría. Podémolos ver no seguinte enlace a partir do minuto 01:04:30. Aquí Galicia do 11 de outubro.

Resultados do Concurso Provincial de Lugo

Con motivo de Expolugo 2014, organizouse o II Concurso Exposición Monográfico Provincial da Galiña de Mos, organizado pola nosa asociación en colaboración coa Fundación Feiras e Exposicións de Lugo e a Deputación Provincial de Lugo. Os resultados foron os seguintes:
Na categoría de galos:
Primero premio.-galo propiedade de Luis Fernández Fernández, de Riotorto.
Segundo premio.-galo propiedade de Javier Álvarez Cela, de Becerreá.
Terceiro premio.-galo propiedade de Francisco Monasterio Solveira de Vilalba.

Na categoría de galiñas:
Primero premio.-galiña propiedade de Luis Freire Castedo, de Pol.
Segundo premio.-galiña propiedade de José Zapata Sánchez, de Castro de Rei.
Terceiro premio.-Galiña propiedade de Alberto Fernández Fraga, de Outeiro de Rei

A Galiña de Mos participou no desfile de gando de San Froilán.

Un galo e unha galiña da nosa raza, participaron no desfile de gando de San Froilán, en Lugo o pasado día 4 de outubro. A partir das 11 da mañá desfilaron polas rúas do centro de Lugo, varios animais das nosas razas autóctonas, levando o criador Luis Friere, unha gaiola na que se podían ver os nosos exemplares, primeiro enriba dun tractor e despois presentando diante do concello de Lugo. Houbo moita xente que se achegou.


Un novo criador preséntanos a súa páxina web.

O criadro Marco Antonio Feijoó Álvarez, do concello de Teo, na provincia da Coruña, preséntanos a súa páxina web http://www.granxapicaljallo.es/?Idioma=gl. Engadimos o enlace á súa páxina na barra lateral das páxinas dos criadores.