A Galiña de Mos voltará a estar na Volta Ciclista a España

Un ano máis a Galiña de Mos estará na Volta Ciclista a España, que comeza este fin de semana. Grazas á invitación da Asociación Provincial de Hosteleiros de Lugo e o seu stand "E para comer Lugo", os produtos da nosa raza mostraranse nas cinco etapas galegas da "Vuelta Ciclista" que discorren este ano por Galicia. No resto de España, repartirase abundante información sobre a nosa raza. Estivemos na presentación da participación da Asociación Provincial de Hosteleiros de Lugo na volta con productos de calidade da provincia de Lugo e de toda Galicia. Na presentación estivemos co Presidente da Apehl, a Delegada da Xunta en Lugo, o Director da Volta Ciclista e a Directora da Axencia de Turismo de Galicia.
 

Na Feira de Artesanía de Castro de Riberas de Lea estivo a Galiña de Mos

Os pasados días 9 e 10 de agosto celebrouse en Castro de Riberas de Lea, no concello de Castro de Rei, provincia de Lugo, unha Feira de Artesanía, con motivo das festas patronais, que estivo moi concurrida. A nosa raza estivo representada con varios exemplares da granxa Chousa do Lea, do criador José Zapata, da mesma localidade.

En Baio estivo a Galiña de Mos


Fornelos, en Baio, no concello de Zas, na provincia da Coruña, en plena Costa da Morte, celebrouse un Ecomercado os pasados días 26 e 27 de xullo onde estivo a Galiña de Mos. A criadora Teresa Gándara, de Vimianzo, estivo cunha mostra dos seus exemplares.