BO NADAL E FELIZ ANINOVO

Wizard Animation


A GALIÑA DE MOS EN ALEMANIA

Os pasados días 8, 9 e 10 de decembro celebrouse na cidade alemana de Leipzig o 25º Europashow, a competición avícola e cunícola máis importante de europa que fai as veces de Campeonato Europeo.
Alí estiveron exemplares da nosa raza presentados pola nosa asociación.

Vista do stand de España

Ao frente da representación de Avimós acudíu o criador Edmundo Novoa, de Lugo. Avimós participou na expedición española que foi coordinada pola asociación El Francolí, de Cataluña e a Federación Española de Avicultura, Colombicultura y Cunicultura.

Vista xeral dos stands dos diferentes países e do pavillón de entrada

Participaron na competición un total de 50.713 aves de tódalas razas do mundo e máis de 20.000 coellos.

Exemplares de Galiña de Mos na exposición

Gran éxito do I Campeonato de España de Avicultura

Destacado papel o protagonizado polos criadores de Galiña de Mos no I Campeonato de España de Avicultura, Colombicultura e Cunicultura celebrado do 10 ao 12 de novembro na localidade Asturiana de Castropol.
Un galo do criador Germán Fraga, de Ferrol, alzouse co primeiro premio na categoría da raza.
Destacado papel tiveron tamén os exemplares presentados por Carlos Durán, de Ferrol, Ramón Abella, de Valdoviño (A Coruña) e Luis Fernández, de Riotorto (Lugo).


Galo Campeón de España, propiedade de Germán Fraga.


Vista de varios galos Mos na exposición


Vista de parte das nosas galiñas


O criador Germán Fraga mostra o diploma de Campeón de España (imaxe superior), nas imaxes inferiores vemos aos criadores Ramón Abella (esquerda) e Carlos Durán (dereita).





Parte do grupo de AVIMÓS desplazado ao Campeonato.


Outras razas de galiñas


Para hoxe vos propoñemos que visitedes varias páxinas sobre outras razas de galiñas e sobre avicultura en xeral, descubriredes fermosos exemplares.
Tedes varios enlaces na barra lateral.
Pouco a pouco iremos engadindo máis webs que atopemos.

A Casa de 1906

O pasado mércores 18 a televisión de galicia inaugurou un programa no que dúas familias concursan vivindo en dúas casas tal como o facían fai 100 anos.
Os galiñeiros das dúas casas están cheos de Galiñas de Mos (como non podía ser menos).

Os criadores da raza da zona proporcionaron as galiñas para a grabación do programa.
Fantásticos os exemplares aparecidos ata o momento.
Tamén aparecen "kikas" polo medio cuidando de poliños. Todo como sucedía naqueles tempos.

INFORMACIÓN SOBRE PRÓXIMAS FEIRAS

Querémosvos informar de que os vindeiros días 23 e 24 de setembro, celébrase en Arzúa o festival Terractiva, que terá unha feira de productos agropecuarios na que haberá un stand informativo sobre a Galiña de Mos. Tamén se impartirá unha charla sobre a raza.

Do 5 ao 8 de outubro con motivo da feira Expolugo, que se celebrará no Recinto Feiral de Lugo, haberá unha mostra de razas autóctonas galegas na que tamén se informará sobre a Galiña de Mos nun stand.

Según nos informan os organizadores, con motivo das medidas de bioseguridade aínda vixentes sobre a gripe aviar, non se poderán expoñer exemplares da raza nestas dúas feiras.

Por outra banda, os próximos días 10, 11 e 12 de novembro se celebra en Castropol (Asturias) o I Campeonato de España de Razas Autóctonas de avicultura, colombicultura e cunicultura, lugar onde si se poderán ver exemplares de tódalas razas de galiñas españolas e extranxeiras. A esta exposición asistirá un nutrido grupo de representantes galegos.

Tamén vos informamos que a nosa asociación exporá na 25 Europa Show, a maior exposición europea de aves, a celebrar en Leipzig, Alemania, do 8 ao 10 de decembro, exemplares da raza para a súa difusión internacional. Espérase nesta exposición a participación de 100.000 animais en competición.

Un corrá galego

Hoxe querémosvos mostrar un simpatico vídeo que atopamos sobre todas as razas autóctonas galegas.Como non, está feito coa canción do verán.

Un saúdo

Arrancamos a nosa andadura neste blog, que nos permitirá manternos actualizados de todas as noticias que vaian acontecendo sobre a Galiña de Mos.
Calquera información que teñades sobre a raza e querades que sexa publicada debedes de enviala a asociacion@avimos.org